luns, 20 de agosto de 2007

Náufrago

Máis robinson que nunca, desde Venres afronto unha existencia de náufrago. Coa mudanza contratada, chéganme noticias de que polo menos durante unha semana carecerei de teléfono, internet, ascensor e auga.
É evidente que en piores campos teño batallado, pero cos anos, un acaba volvéndose un pouco cómodo e até pode botar de menos unha ducha matinal, dar un paseo polas blogs amigas ou recear subir 4 pisos coa bolsa do super ao lombo.
Ilu tiña razón: estou aburguesado! (snifff)

12 comentarios:

X dixo...

Ufff
Kaplan-Robinson, o teléfono non conta que co móbil vai saíndo do paso; o de Internet de cando en vez ata vén ben darse unha cura de desintoxicación blogueira (aínda que sexa forzosa); o do ascensor é máis amolador, sobre todo ao principio que é cando un non para de carrexar todo tipo de cousas; e, finalmente, a auga, sempre pode volverse un ocupa do baño de deseño de certo señor que fixo o propio cando estivo de reformas ou senón botar man de papi e mami que de seguro non lle han de chorar uns litriños de auga ao seu nené para que evitar que se convirta no "veciño porco do cuarto".
Volva ás súas raíces de Robinson e non se nos aburguese tanto!
Non o estrague, que estrear tobo sempre algo moi ilusionante, goce tamén do momento caos.
Felices comezos ;-).

peke dixo...

O da auga si que me parece terrible.

willy dixo...

unha semana sen auga e nun cuarto piso sen ascensor: unha combinación explosiva

xurxocimadevila dixo...

Malo sea que un robinson non sobreviva! :)

paideleo dixo...

Son etapas que quedan para contar aos netos.
Ánimo.

leco dixo...

Que ben velo de novo por aquí! e digo de novo porque eu, que seguía as súas aventuras a través do google reader, pensaba ultimamente que ou ben fora abducido polas "vainas" asasinas ou que tiña vendido o blog, porque me saía un en inglés que, logo de semanas de velo e malia terme licenciado en Filoloxía Inglesa, aínda non son quen de saber de que trataba.
Un pracer saudalo de novo!

Mrs.Doyle dixo...

Eu creo que todos temos algo de Robinson...

Morgana dixo...

Parece que en efecto, Robinsón está aislado en su isla. ¡Que sea para bien!

Lúa dixo...

xa que ten que ser...disfrúteo!!!!!!!será a millor maneira de pasalo, non? hehe

mueja dixo...

Asi estas de maravilla.

X dixo...

Fai falta que chame á inspección sanitaria?

peke dixo...

Lémbrolle que sempre hai algún cíber ao que poder acudir.