Levo toda a tarde pensando que hoxe un home da miña idade foi asasinado diante da muller e a filla, á porta da súa casa, cando se estaba indo ao traballo, por alguén que seguramente nin coñecía.
Levo tamén toda a tarde pensando que o Domingo hei de ir votar, como tiña previsto, coa miña filla collida da man, e que por nada do mundo deixarei de votar a quen tiña pensado porque ningún pesadelo abafará a miña alegría.
Logo, despois de votar e termos comprado o xornal, antes de virmos para a casa a xantar, tranquilamente daremos unha volta ao sol polas rúas da cidade que queremos.
En paz, igual que sempre.
3 comentarios:
Tamén eu vou votar, non sei se alegre ou triste, pero que voto, voto.
essa violencia, no brasil, é diária. um dos motivos pelos quais nao me arrependo de estar aqui, onde também tem violencia, mas muito mais escondida. Votar é a única maneira de se fazer escutar. vote, sim.
A paz é o máis importante.
Publicar un comentario