domingo, 18 de maio de 2008

Gústame/non me gusta

Cada ano mando aos meus alumnos de ESO que dobren un folio pola metade para durante un fin de semana escribiren a listaxe das cousas que lles gustan e as que non lles gustan; deben procurar, ademais de coidar redacción, vocabulario e ortografía, que o resultado sexa sincero, simpático e intelixente. Mañá, luns, veremos o resultado.
Pero onte pola tarde, por facer un experimento, pedinlle o mesmo á miña filla que, media hora despois de botarme do seu cuarto, me entregou a seguinte listaxe:
GÚSTAME: ir descalza pola praia; ler libros de aventura e de misterio; ver películas de Charlot apalancada con papá no sofá; escoitar música divertida e bailar coas miñas primas; comer espagueti con mamá; as clases de inglés de M.; as bolboretas e as flores; buscar países no globo terráqueo; debuxar flores e princesas inventadas; as lentellas de papá.
NON ME GUSTA: os tomates de calquera tipo; a misa; a xente superpesada; a clase e a profe de ximnasia; Roi.

7 comentarios:

X dixo...

Aplaudo os gustos musicais da señorita Kaplan, sobre todo o primeiro e o último.
Nunca nos dixera que se lle daban ben as lentellas :)

peke dixo...

Alédome de que a listaxe de cousas que lle gustan sexa máis grande cá outra.

Raposo dixo...

Eso de que non lle gusten os tomates está ben (supoño que inclue tamén os televisivos).

La queue bleue dixo...

:D

[Joooo, que tentaçons de fazer algo parecido!]

paideleo dixo...

Eu comparto a opinión de peke.

Noemí Pastor dixo...

Parece una chica con las ideas claras.

Luís Galego dixo...

eu gosto de ser feliz

eu não gosto das pessoas que não me deixam ser feliz

um abraço