luns, 26 de maio de 2008

Premio

Con imperdoable retraso, entéirome de que Noemí Pastor, a impecable reitora do estupendo Boquitas pintadas, vén de conceder ao blogue deste que conta o premio Brillante, cousa que me conmove e que agradezo até a xenuflexión.
Para acadar o premio, son sen embargo precisas algunhas condicións, como facer públicas as regras e premiar outros sete blogues brillantes, enlazalos desde aquí e enviar heraldos a cabalo dos ventos cibernéticos aos respectivos nominados antes de poderme aconchegar no meu tobo non tan escuro, pensando un novo post mentres o brillo do galardón atrae lectores náufragos ás costas de Ithaca.
Así pois, e coa solemnidade requirida, The winners are Peke, Cesare, Willy, Queue Bleue, X de Esmelle e Fisiologus por seren autores dos blogues irrenunciables que visito cada día desde hai anos; o sétimo premiado é Luís Galego, recentemente descuberto pero xa indispensable.

6 comentarios:

X dixo...

Obrigadísima, é para a Selva unha alegría recibir este galardón, o premio, contar con Kaplan como lector.
Grazas.
PD: Poña ben o enlace a Fisiólogus :)

La queue bleue dixo...

Epa, isto si que nom o esperava! É umha senhora honra (por demais imerecida). Nom só o prémio, senom especialmente, como destaca a X, a tua "leitoria" habitual.
Vaia! Que me ponho colorada!
Graças :)

Luís Galego dixo...

Desde Já, MUITO MAS MUITO OBRIGADO pelo prémio e por te teres lembrado de mim. Fiquei orgulhoso!!!

Um abraço,
Luís Galego

peke dixo...

Moitas grazas, aínda que creo inmerecido este premio. O meu blog non pasa de ser unha especie de diario mutilado dunha case desocupada.

willy dixo...

gracias kaplan, vostede é xeneroso de máis!!!

Cesare dixo...

Moitas moitas grazas polo premio... Non sei eu se vou reproducir a secuencia, e o máis probábel é que se acabe o mundo de aquí a pouco, todo pola miña falta de responsabilidade e tacto. Así que... vaian recollendo!

Moitas moitas grazas, en serio. Vostede é un dos meus referentes (pra zugarnos un pouco as pirolas, máis ca nada).

Bueno, iso de que é un dos meus referentes xa o sabía, e non cumpría que llo dixese, pero agora xa foi. Total, como isto vai rematar en breve...3