venres, 30 de maio de 2008

Intrusa

 Na prensa, atopo que un xaponés de 57 anos, intrigado pola desaparición de comida na cociña, instalou unha cámara oculta e descubríu que unha muller vivía nun armario da casa había meses, segundo informa a prensa local nipona.
A intrusa, que gardaba nun armario que non se utilizaba un colchón e varias botellas de auga, deambulaba pola casa mentres o propietario, un desempregado da cidade de Fukuoda, estaba fóra; ao recibir no móbil as imaxes que a cámara gravaba na casa, o home chamou a policía, que se presentou e atopou a muller.
Apesar das escusas presentadas, e de asegurar que non tiña onde vivir, a pobre invasora foi detida.
(Deus, que boa historia se houbese un bon autor para contala, proclamo)

5 comentarios:

paideleo dixo...

Curiosa, canda menos.

X dixo...

Si, é boísima, daría unha moi boa novela e tamén unha estupenda película.

Hai pouco lin unha historia parecida a esa pero inventada dun matrimonio novo ao que se lle agochaba un home con fame debaixo da cama e saía xantar cando eles non estaban na casa. O caso é que non consigo lembrar onde, estes días ando coa neurona atrofiadiña :-(

Lúa dixo...

que pasada!!!!apertas

Peke dixo...

Si, daría para unha boa historia. Vaia pasada.

gatina dixo...

Y había una mujer!
dentro de un armario!
Qué dolor, qué dolor!!

La canción de la Carrá no es muy buena, pero la historia sí que es interesante, sí.

Escuché la noticia esta mañana en la radio y pensé en que podría salir de ahí una curiosa peli de intriga.