sábado, 10 de maio de 2008

Traslados

Onte, por fin, os traslados.
Como desta vez non concursaba (por preguiza, porque teño poucos puntos para optar a nada, porque me asustou un pouco abrir outra porta ás mudanzas, porque tampouco estou tan mal aquí e a mellora non sería, quizá, moita...), puiden revisar as listas como se estivese asomado a un balcón; igual que fóra diluviaba sen que fose comigo.
Repítese un ano máis a historia épica de sempre: a dos profesores coñecidos a quen o azar envía no seu primeiro destino, como pioneiros, a eses lugares dos catro puntos cardinais cuxos nomes, aos pronuncialos, case lle acordan a un idéntica sensación remota e aventureira que Katmandú, Eldorado ou as mesmas fontes do Nilo.

3 comentarios:

peke dixo...

Deixo de pasar uns días e hai tres post novos. Está claro que entre novelas e cadela me estou botando a perder.

Noemí Pastor dixo...

Saludos desde un lugar con nombre raro y enhorabuena por la permanencia, si es que eso es motivo de felicidad.

Na sombra dixo...

Parabéns pelo blog excelente!

Abraço