martes, 29 de xullo de 2008

Octoxenario

Un destes días finais de Xullo meu pai cumpre, cumpriu ou cumprirá 80 anos; a data exacta é imprecisa, como todo o que a rodea, porque meu pai (coa tolerante cumplicidade de miña mai) non quere nin ouvir falar do asunto, moito menos de calquera celebración; de maneira que todo son besbellos, teorías e risos polo baixo.
Miña mai apáñase para convidar a toda a familia a un xantar este Sábado, sen motivo aparente (desde cando ten que haber un motivo para vós xantardes aquí?), e explica cun cousas del o silencio, que para a miña sobriña non é máis do que coquetería do seu avó e así fai rir de pura malicia á miña filla; miña irmá, indignada ou así, simplemente non lle atopa explicación como non sexa que el non quere asumir o paso dos anos, igual que sucedeu sempre.
Eu xa non sei, pero se fose cumprir 80 anos coas raíces tan ben asentadas nesta terra como meu pai; se puidese coma el presumir de non ter estado nunca enfermo, moito menos ingresado nun sanatorio; se levase nun saco ao lombo tan esplendidamente dúas monarquías, unha república, dúas ditaduras, unha guerra civil, unha posguerra, unha guerra mundial e a vida de sete papas sucesivos, tende a seguridade de que o había de pregoar, con voz ben alta, aos catro ventos.

7 comentarios:

Sun Iou Miou dixo...

Estou contigo e o único que un debería chorar, de poderse chorar de morto, sería non cumprilos.

gatina dixo...

Aún recuerdo la expresión de mi abuelo cuando sopló las velas con un gran 80 de cera rojo sangre. Fué en el 96.
Desgraciadamente, no podré verlo nunca más soplar las velas, pero en cada uno de sus cumpleaños, recuerdo su cara sonriente, sus expresivos ojos azules, su pelo blanco nieve, su orgullo de estar rodeado de sus 5 hijos con sus 5 parejas, sus 9 nietos (que hoy son 10) y alguno de sus novietes/as... todos juntos, devolviéndole todo el cariño que él nos daba cada día.

Tengo la suerte de haber podido disfrutar de mis cuatro abuelos (ahora ya sólo 3) y de haber vivido con él y con mi abuela, que aún sigue siendo mi otra madre, como lo fué mi abuelo.

Por eso me alegro de leer cosas como estas y de ver cuán orgulloso te sientes de tu padre y sobretodo me encanta que las nietas se hagan cómplices alrededor de sus abuelos.

Disfrutad al máximo de su compañía y su experiencia. Dejan un gran vacío cuando se van.

Ah! Felicidades al abuelo coqueto!!!!

D.Rambaut dixo...

-Cumprir anos¡, !cumprir anos....¡ "paparruchas"-
-Cale a boca Sr Scrooge, vostede sempre igoal-

Ains, este "rocho" novo estame a voltar máis tolo do que sempre fun :-((

MOITA FELICICIDADE PARA VOSTEDE POR PODER DISFRUTAR DE ÉL, E FELICIDADE PARA ÉL POR PODER DISFRUTAR DE VÓS.

Uma aperta agarimosa.

Daniel

paideleo dixo...

Oitenta anos son muitos e a vida que viviu non podemos imaxinala.
Parabéns por estes primeiros oitenta anos !.

bueno dixo...

Meu pai já passou dos oitenta, e agora, depois que dei à ele um laptop, está redescobrindo à vida na Internet. É um exemplo para mim. Um exemplo que nada acaba, mas sim, se transforma!
Ando distante, mas nao esqueço este canto aqui!

peke dixo...

Parabéns a ese pai coqueto. Que goce del moito tempo máis.

Suso Lista dixo...

Parabéns pra teu `pai, e pra vos por disfrutalo.