Nunca quedan misterios sen resolver, e antes ou despois até os máis desconcertantes enigmas domésticos atopan resolución.
Os meus viciños da frente este fin de semana aínda non quitaran da porta a espléndida rodela de flores secas e purpurina cen por cen Pórtico con que hai un mes saudaran o Nadal.
Como explicar isto nunha parella nova, atraente, acomodada e á espera do primeiro fillo? Sería descoido, saudade, abandono, teimosía, olvido ou algún anovador rito natalicio? Que podería significar que a luz da porta deles levase acesa noite e día desde o Xoves?
Que a pechadura non estivese forzada e o felpudo seguise no seu complicaban a teoría do asalto con violencia pero non a dos accidentes domésticos, vai ti saber, así que cando nas profundidades do subconsciente a miña alma de porteira empezaba a rebelarse, hoxe mesmo batín no portal coa realidade máis optimista de todas.
4 comentarios:
Home, nese caso, un esquece calquera cousa ¿non si?
Pois alá, a lembrar aqueles bos tempos en que espertabas de madrugada co pranto dunha criatura... A ver se lles sae boíño.
(Eu aquí amargando a festa, coma sempre.)
Non me estraña que non quitasen nada. Como se ían lembrar?
Uy, pero si esto empieza a parecerse al Hola con tantos cotilleos
Publicar un comentario