venres, 8 de xaneiro de 2010

Neve


 Efectivamente, non se enganaron as predicións e hoxe Ithaca amenceu así de branca.

 Arriba, con guindastres ao fondo, a Tinería; abaixo, os xardíns da Deputación desde a Muralla.



Arriba, Praza de Pío XII (Adro da Catedral); abaixo, a Praza Maior.


7 comentarios:

mariajesusparadela dixo...

Foi boa¿eh, señor kaplan?. Por aquí, frío de neve, pero neve non.

Anonymous dixo...

Boas fotos Kaplan, non esqueza colgalas no Flickr.
X

paideleo dixo...

Pois por aquí nada.É o que ten vivir no sur !.

Chousa da Alcandra dixo...

Aquí tamén chegou a neve ata os tellados!. De feito foi ó primeiro sitio que chegou...jajaja

xenevra dixo...

E aínda continúa a neve e o día gris. Malia o frío, recoñezo que gusta ver o Miño arroupado polos mantos brancos.

Estes días a diversión foi poñerme na ventá e ver os coches. Apostar mentalmente se daban ou non subido / baixado. E aínda hai quen me di que me apure a comprar o TDT ese, anda xa!!!

Un saúdo nevado

mfc dixo...

lindas...!

Sun Iou Miou dixo...

Aquí caeron uns farrapiños, pero deste a ventá vía os montes nevados. Xa aprendín tamén que a neve é bonita, se non hai que ir a parte ningunha.