sábado, 30 de xaneiro de 2010

Números

Como en todas as empresas e traballos, onte no noso café falouse do retardo até os 67 da idade de xubilación; todos lembramos os famosos e estériles 400 eurazos, as prexubilacións, a corrupción dos políticos, a burbulla inmobiliaria, o cheque-bebé, a renda de emancipación para mozos e outras subvencións inverosímiles que nos fixeron soñar que vivíamos nun país diferente, para agora irmos acordando de sobresalto en sobresalto.
A opinión xeral é que de todos aqueles ventos viñeron estas tempestades á primeira crise, e mesmo o profesor de historia, oráculo do seu, proclamou que estaba claro que estes van perder as próximas eleccións, ao que a Nena-dos-Chicles-no-Pelo repuxo, lapidariamente, que até eles mesmos o saben, e a seguir engoliu un deses cruasáns de xoguete que nos poñen co café como se fose o propio Presidente, con traxe e todo.
Logo todos nos entregamos a cazar números e facer contas: a min réstanme daquela 23 anos, tres máis dos que xa levo traballados. Estou, pois, nel mezzo del cammin di nostra vita; un camiño que polo visto leva a un lugar que dá bastante medo.

7 comentarios:

Sun Iou Miou dixo...

Pois se a vostede lle mete medo, Kaplan, que é traballador por conta allea (gaño a pulso, non llo discuto), imaxine a min, que son autónoma en mínimos e precarios. Case prefiro que non me chegue nunca a xubilación e non porque queira morrer coas botas postas, senón porque quixera ter para mercar botas e voume ter que conformar con pantuflas.

E si, van perder, cómo non. O extraño foi que gañasen.

Ai, Kaplan, para un día que andaba eu de moral alta e amor propio lustradiño!

mariajesusparadela dixo...

Van perder se nos queremos¿ non?

paideleo dixo...

E de momento queda así a cousa. Cando gobernen os malos de verdade quen sabe ata que idade teremos que traballar.
Enfin, hai que levalo con calma.

Perry dixo...

Si, todo está muy negro pero... ¿Y los que todavía no hemos cumplido los 25? De nosotros qué!

Anonymous dixo...

Encántame a ilustración do post!
Saúdos.
X

Ra dixo...

Me faltan dedos :)

bueno dixo...

Feliz Ano Novo! Atrasado, sim - mas sincero.