venres, 12 de febreiro de 2010

Nobel da Paz



Hai días presentouse a campaña pola candidatura da Fundación Vicente Ferrer para o premio Nobel da Paz 2010, que abriu unha páxina web onde apoiala.
Talvez ningunha persoa, institución ou entidade reúna tantos méritos para obtelo, pero tamén sabemos que a sorpresa, cando non a polémica ou a clara falta de acerto, acompañaron demasiadas veces a concesión destes galardóns, por iso eu xa asinei. Agora, ti!

3 comentarios:

mariajesusparadela dixo...

¿Quén asinou para Obama?
Quero dicir ¿ten o premio o prestixio que merece Vicente Ferrer?

Perry dixo...

Vaaaaale, pues firmo.

Xan dixo...

Este tipo de galardóns está totalmente desprestixiado, ata tal punto que as persoas que fan cousas importantes pola humanidade, non deben aceptar este premio. Só é un escaparate para premiar aos xendarmes do Planeta, nalgúns casos a asasinos confesos.