sábado, 12 de xuño de 2010

Conciencia europea

Outro vídeo, directamente desde a miña arca de correo electrónico ás conciencias de todos os europeos de ben: a intervención de Daniel Cohn-Bendit no Parlamento Europeo sobre a axuda económica a Grecia.
Quen mo manda tamén escribiu: Xa que os medios de masas non o difunden, para que estamos nós?

4 comentarios:

Chousa da Alcandra dixo...

Madia levan a non difundilo os medios de masas: di moitas verdades xuntas!!!.

Conta comigo para a divulgación, que xa empezou.

mariajesusparadela dixo...

Tamén o puxo no seu blog Juan Carlos, galego e periodista, que atopa no meu, comentando de cando en vez
O del chámase "qué hacer cuando se está aburrido", e púxoo hai duas semanas.
As caras dos que escoitan son de circunstancias...cínicos é o que son.
Moito home "Dani el Rojo".

Anonymous dixo...

O Dani é o máis grande.Un tipo que pensa e non repite consignas nin de coroneis nin do Financial Times

rula dixo...

todo é puro sentido común, e verdadeiramente vemos cara onde vamos.
Ten gracia ver como atentamente escoitan, e total pra non facerlle ni puto caso.
Fai falla unha revolución pra volver ó sentido común.