Benzóns aos memes, que axudan a aturar a carga das actualizacións en tempadas de vacas fracas e secas pertinaces.
Este co que inauguro Xuño collinllo á querida Noe Pastor, e antes de que haxa estampida xa adianto que non encomendarei a ninguén que responda se non quere.
Disque hai que contar sete rarezas propias (o que non negarei ter feito antes: se alguén descobre que me repito e teimo nas mesmas, acepte as miñas desculpas anticipadas e teña a ben abandonar Ithaca sen ruído).
Non sei se hai que lle adicar o post a alguén raro-raro, como ela fai; por se cómpre, adicaréillelo aos teletubbies e á aspiradora con vida propia que coida deles, en lembranza daquelas interminables merendas da señorita Kaplan.
1. Pásoo de medo respostando memes, proba do cal é este mesmo blogue, que está inzado deles. Pouco a pouco funme decatando de que non todo o mundo pensa igual, así que agora tento non meter a xente en compromisos.
2. Sempre que escoito a información do tráfico pola radio fágome a promesa de ir coñecer algún día lugares tan exóticos e atoados como La Gota de Leche, os accesos a Rivas-Vaciamadrid, La Cuesta de los Dominicos ou esa invariable capital malacitana.
3. Son especialmente rariño no que atinxe ao móbil: esquezo recargalo, levalo comigo, conectalo; pode durmir durante días no coche ou quedar sen batería sen eu sabelo. Sábeno os que me coñecen ben, aínda que non o entenden, pero con frecuencia acabo tendo que dar explicacións e xurando que se non devolvo as chamadas é máis por non saber que por non querer.
4. Odio perder o tempo nunha perruquería a cortar o pelo, odio barbearme, odio ir comprar roupa, odio deitarme ao sol nunha praia: así e todo, sen considerarme un adonis, tampouco me considero un adán.
5. Non son un varón convencional, se por tal entendemos que se me supoñen as habilidades dun marido tradicional: non entendo de mecánica automobilística, odio a trade furadora, os parafusos, chaves inglesas, conexións, motores, martelos, caravillas, e desde logo os electrodomésticos avariados. Evidentemente, non serei eu quen pase os últimos anos a ollar as oscilacións dos guindastres nas obras.
6. Chamarlle pracer poder ser excesivo, pero gústame baixar o lixo; ademais, levar o papel a reciclar, o vidro ao seu contentor, as pilas ao delas, os medicamentos caducados á farmacia e demais fai que me sinta encaixado nunha enorme engrenaxe social, e iso encántame.
7. Soará herético, pero eu son de versión orixinal subtitulada só cando non hai máis remedio: considero que unha boa dobraxe enriquece calquera película, que o director non concibiu a película con texto, e que mentres un está a ler deixa de atender os detalles visuais que si puxo o director; desprécenme os puristas, pero algunhas voces de dobraxe dos 60 e 70 até conseguen poñerme de bon humor.

8 comentarios:
Pois non lle me parecen nada raras as rarezas.( Salvo a dos memes, que non entendo ben)
Pero, pero pero...
¿cómo pode ser iso do doblaxe das pelis?
fun ó enlace de lo que el viento se llevó, e Rhett Butler non lle dí a Scarlette O'Hara:
"Frankly, my dear, I don't give a damn"
¿Imaxinas? catrocentos millóns de castellanoparlantes perdéndose a frase máis popular do cine universal?????
(quitando a da doblaxe ó galego da serie "Dallas":
"Seica estás peneque, Sue Ellen")
Polo demáis gústanme as túas rarezas, será porque hoxe tamén teño eu un deses Días extraños (futurista e algo paranoico)
Oh, encantou-me o da dobragem! Admirável ;)
Ao tempo que me espantou o do prazer de tirar o lixo... nom che apeteceria ganhar uns eurinhos extra agora que vos baixam o soldo amanhando-me a minha reciclagem e lixo geral?
Voltando aos filmes, eu gosto de subtítulos mas tamém penso que hai dobragens que podem ser mui boas e que lo cortés no quita lo valiente. Tudo quanto seja traduçom é bom [já me passou o tempo de tirar pedras para o meu telhado]. E, por descontado, toda tradutora é boa [ehhh, Sun ;) tamém no sentido português do termo, dito seja de passagem :D].
A min dos memes, Kaplan, o que máis me gusta é o que os responda vostede: en serio. Encántame como se describe.
Eu por mim prefiro os subtítulos (pedras contra o meu tellado ou non, porque tamén traduzo para subtitulado...). Talvez a falta de costume sexa a culpable de que, en xeral, custe ler e ver o conxunto da pantalla. Iso non quita, claro, para que haxa dobraxes boas e traducións boas de libros, claro, claro: pero non son o orixinal nunca, dígovolo eu, que algo sei diso. Son outra cousa: boa ou mala ou nada.
Siga vostede facendo memes, pordiós, agora que aprendeu a non nos (plural de solidariedade) cargar coa responsabilidade (e o castigo infernal!) por rompermos a cadea. ;)
O do lixo, francamante, escápame, aínda que eu fago todo iso do apartado pero sen unha sensación especial.
Hehehe, o do telhado era em geral, nom pola dobragem em concreto, que eu por nom dar nom lhe dou a nada e o meu telhado por nom ter quase nom tem nem vigas. :)
E nom podo mais que concordar co da falta de costume no relativo aos subtítulos.
As traduçons claro que som outra cousa, daí a graça ou a desgraça, mas tamém hai originais e originais...
Desculpe o senhor Kaplan e o público em geral por andar aqui com diálogos. :)
A mí me gusta bajar la basura, los paapeles o lo que sea de noche, y caminar despacito, sin prisa, mirar el escaparate de alguna tienda cerrada, dar una vueltita... Es una especie de lujo. A veces pienso que debería tener un perro para hacer lo mismo, pero durante más tiempo.
Viva a súa 7ª rareza!
Publicar un comentario