luns, 2 de maio de 2011

Osama

Varios factores, como almorzar sen radio precisamente hoxe, ir no coche ao traballo escoitando un vello disco de tangos, casualmente non pasar pola sala de profesores nin pola biblioteca, onde están os xornais, e que tampouco hoxe  houbese conexión posible no instituto para lelos on line como fago habitualmente, convertéronme no último cidadán de Occidente en coñecer a noticia do día.
Se ben non creo que a morte deste fulano faga do mundo un lugar mellor, tampouco sentín por el peniña ningunha.

13 comentarios:

xenevra dixo...

Iniciei o día con Malevaje, pasei a mañá a cantaruxalos mentalmente, volvín do traballo coa súa música a todo volume e vou ir para cama, grazas a este recordo seu, con eles. Espero que non ronquen e durmamos sen máis música.
Boa noite

Raposo dixo...

Bin Laden é certamente un ser abominable pero hasta estes tipos deberían ser tratados con respeto polos paises e pola xustiza. E neste caso mais parece unha execución que un intento de detención.
Hai moitos puntos escuros, como facer desaparecer o cadaver rapidamente, sen autopsia nen nada, aténdose a non sei que rito islámico como si ós yanquis lles importaran os ritos islámicos. Semella que querían a Bin Laden morto a toda costa porque un Bin Laden vivo diante dun tribunal podía contar moitas cousas incómodas, como cando era aliado dos USA.
Eu por ese terrorista sinto desprecio pero tamén penso que o fin non sempre xustifica os medios e neste caso a acción dese comando paréceme terrorismo de estado, algo o que certos paises como Estados Unidos e Israel xa nos teñen acostumados.
Coño, a palabra de verificación e grapo, que curioso!!!

Bolboreteira dixo...

Todo isto paréceme unha tomadura de pelo de principio a fin.Pero o que me parece máis dificil de creer é que agora vivamos nun mundo máis seguro, que digan iso paréceme un insulto a nosa intelixencia cando agora hay que prepararse para posibles represalias..a ver que paga agora o pato.
Bicos!!!

mfc dixo...

O criador do monstro acabou por matá-lo!

zeltia dixo...

Andiven navegando polas viñetas!
grazas polos enlaces.

mariajesusparadela dixo...

Sí, primeiro fano e logo desfano.
Agora haberá que dicir Osamaba ou Osamó

peke dixo...

Estiven varios días sen poder entrar aquí, non sei por que. A ver se agora co novo navegador podo deixar comentarios. Cruzo os dedos.

peke dixo...

Beeeennnnnn!!!!

Concha López Fernández dixo...

Non entendo a morte, con xustiza ou sen ela. Entereime do conto por esa manía que teño de conectar a radio no medio da noite, cada vez que esperto.
Ás veces é mellor non pasar por ningures. Non me gustaba ese personaxe, pero quedan vivos tantos igual ca el...!

Un saúdo.

JorgeCimadeVila dixo...

alguem pode sentir pena por um paisano que está com nom sei quantas virgens no paraisso em vez de como diz a vinheta, no inferno? xDDDD

Xan dixo...

Canto haberá de verdade e mentira neste personaxe?. En todo caso as accións do Imperio americano non son máis éticas que as deste personaxe aínda sendo certo todo o que nos contan.

Chousa da Alcandra dixo...

Non me foi nada doado explicarlle á señorita Chousa esta cuestión. E cando esto me pasa...é por non telas todas comigo sobre do asunto en cuestión...

Anónimo dixo...

Non só foi que non sentín peniña ningunha por Osama, mais ben foi todo o contrario, alegreime moito da súa morte. Tiñaa ben merecidiña.

biquiños,
Aldabra