mércores, 18 de maio de 2011

Quero ser coma el

Atopo por aí unha entrevista no diario Público a José Luís Sampedro, un dos que nos chaman a revoltarnos até lograrmos unha democracia efectiva. Como non admirar este home lúcido, honesto e rebelde que ergue a voz contra un sistema caduco e enfermo, e que entre outras cousas afirma denuncia:

Que fai Europa nestes momentos? Nada. Non estamos xa en mans dos financeiros senón nas de tres ou catro grandes empresas de valoración da confianza. Que fixeron os gobernos? Suprimiron os paraísos fiscais? Corrixiron a conduta dos bancos? Non! Os bancos que crearon a crise en 2008 hai tempo que se repuxeron tranquilamente e anuncian os seus beneficios mentres os parados seguen parados. Chámense como se chamen, todos os gobernos actúan obedecendo aos intereses do capital.

12 comentarios:

mariajesusparadela dixo...

Ai, mimadriña, velaités o día en que os vellos lúcidos e os novos inquedos están erguendo a voz.

Chousa da Alcandra dixo...

A lucidez do seu discurso e a tranquilidade coa que o expresa tenme atrapado. Eu tamén quero ser Sampedro. Facíannos falta moitos JLS nesta sociedade.

Apertas

Un apuntamento: Suxiro sacarlle o asunto de "verificación da palabra" nos comentarios. Non serve realmente para nada e acaba por ser unha perda de tempo cando. Eu fíxeno e non teño spam

mfc dixo...

A lucidez necessária!
... cada vez mais!

Bolboreteira dixo...

Grandes verdades di Sampedro.Isto no é custión de novos ou vellos, isto é custión de xustiza social...todos estamos aí.
biquiños, gustome saber de este home sabio.

zeltia dixo...

Cando fala Sampedro tomamos conciencia de que todos perdemos a cabeza nalgún momento, non si?
O movimento do 15M non sei no que quedará tan pronto o reconduzan os líderes cara onde conveña, pero de momento serve para que todos estes mangallóns tomen concienca de que nada está consolidado e que en dous días se lle pode dar a volta á tortilla...
´por iso andan lixeiros, improvisando

A nena do paraugas dixo...

Se nos parásemos máis a miúdo a escoitar a persoas coma esta igual non estabamos tan ben instalados/as nun "conformismo" que nos acabará por anular. Gran verdade todo o que di...

Un saúdo.

X dixo...

Concordo plenamente con este post. A viñeta é das que xustifican seguir o magnífico de elroto.
Xa a levo para a Selva.

Xan dixo...

En vez de obedecer debemos pensar, pasar de individuos pasivos a individuos que edifican un mundo máis xusto. Poñer en valor os nosos dereitos.

migramundo dixo...

Ogallá cheguemos á súa idade con esa capacidade que ten para ver as cousas coa clarividencia e a sinxeleza que amosa nas súas expresións. Todo un exemplo de compromiso social. Saúdos.

Maribel-bel dixo...

Eu digo o mesmo que Chousa, a lucidez mental e a seguridade de que dis o que estás a sentir, defendes e crees. Hai outra forma de vivir en consecuencia?. Non. Biquiños sempre

Anónimo dixo...

Preguntábame porque non actualizaba, parva de min, ata esta mañá non me dei conta de que esqueceu levar o portátil á acampada ;)
X

susana moo dixo...

xa eran vellos oh!