luns, 30 de maio de 2011

Españistán

Seguramente xa o viron. É o vídeo de moda que percorre a Rede de blog en blog, e que aparece na bandexa do correo un día si e outro tamén: Españistán, da Burbulla Inmobiliaria á Crise, de Aleix Saló. Debuxos animados, linguaxe directa, claridade expositiva e algo de colorín para explicar a orixe da crise que nos come a nenos de dez anos.
Ou o que é case o mesmo, aos que éramos hai menos de un lustro.

7 comentarios:

mariajesusparadela dixo...

Xa me chegou por sete diferentes persoas, tres delas de blog. Pero sempre o volvo ver.

Chousa da Alcandra dixo...

Si, a min tamén me chegou. E está moi ben...
Claro que desmiuzar o polo dende que está sin plumas e medio cocido non ten tanto mérito como paralo antes de que nos galase a tod@s.
Digo eu.
Apertas

mfc dixo...

Aí como aqui... tudo igual... e voltamos a votar nos mesmos!!!

Anónimo dixo...

xa me chegou, é que pola rede todo voa.
biquiños,
Aldabra

Guillermo Pardo dixo...

É moi inxeniosa esta curta, e moi didáctica. Non estraña que teña tanto éxito. Un saúdo.

Bolboreteira dixo...

Corre como a pólvora este video.É realmente bo, moi didactico, é necesario que podamos entender como chegamos a situación na que nos atopamos.No é culpa de uns e de outros, e culpa de todos eles dun lado e de outro.Demostrado está que por os intereses duns poucos pagamos outros moitos.Tudo vale!!
biquiños!

Sun Iou Miou dixo...

Excelente vídeo.