sábado, 7 de xaneiro de 2006

Homeless


Pasaron os Reis, si: deron a sua volta anual por Ithaca, repartiron xoguetes e agasallos a nenos e maiores, fecharon coa sua marcha un nadal máis, pero volveron esquecer os máis pobres viciños de Ti, os homeless que viven desde hai anos ao pé do seu portal.
Queres que fagamos de Reis Magos? preguntou Ti na rua;volvíamos das copas, cheos de frio e alcol, na madrugada do Venres, e subimos ao piso, e de novo baixamos ao portal; esquivando os cartóns de viño e os restos de comida do chao, Ti deixou con cuidado tres mantas, tres mudas completas e tres libras de chocolate en senllas bolsas de papel, ao pé da cada unha das camas de cartón.
Os tres mendigos dormian e ninguén nos viu, nen tan sequer a lua crecente que, ao marchar eu para a miña casa, estava a ollar para outro lado.

3 comentarios:

Marinha de Allegue dixo...

Eses reis fascínanme...
Un beijoooo.
:)

bueno dixo...

que gesto bonito! se todos fossem assim...

Laurindinha dixo...

O voso xesto contrasta coa crueldade dunha das últimas noticias de actualidade...
Como pode o ser humano ser tan diferente: crueldade<>solidariedade?