luns, 9 de xaneiro de 2006

Post

Post coitum, post mortem, post natalem.
Hai sempre que bulir despois, para evitar a tristeza: desmontar a árvore (repentinamente virada un estorvo no salón), preparar clases (confeso que até hoxe no traballo non lembrei que impartia nen as caras dos meus alunos, canto máis os seus nomes), e limpar a casa, e pasar o ferro a algunha roupa indispensável.
Recolocar-me, en suma, axustando o meu horário ás abomináveis 7 da mañá en que o relóxio me pon a andar cada dia desde hoxe.
Asistin con lástima ás progresivas despedidas de Nican, de Fesore, de Tere Holmes para os seus respectivos pontos cardinais, rexistrei para a história que eu xa non me irei, que por primeira vez en catorce anos nengunha fria casa espera por min tras as vacacións.
E non direi, non, que non me pesa (tristemente, un pouco) porque ainda sinto o punxir do ollar dos meus amigos cando mo escuitaron dicer.

7 comentarios:

Marinha de Allegue dixo...

Todo volta o ciclo continúa...
Unha aperta.
:)

i.a. dixo...

a mim dá-me por aquecer sequer as maos a ler as mensages que chegarom ao meu telemóvel durante os feriados; até o momento em que as apague, claro ;-)

Anonymous dixo...

Non sei se me equivoco, pero isto non cheira un pouco a melancolía?

Laurindinha dixo...

Eu tamén me sinto coma ti, Kaplan, sempre me pareceron moi tristes os finais... E desmontar a árbore é a cousa máis enfastiosa que existe!
De tódolos xeitos, o postcoitum é un dos momentos máis marabillosos e plenos que existen...

bueno dixo...

Pelo menos não tem que desempacotar as malas! e mais uma vez, concordo com a lauridinha. postcoitum, um cigarrinho e uma coversa!

Moraima dixo...

Eu como a lauridinha e o Claudio, postcoitum, cigarrinho, conversa.

O outro día, non sei onde, escoitei algo así como que calquera sitio é bo para vivir se se está ben, pensa niso Kaplan. Ah, si, xa sei, foi en Obaba, na peli, que guai estaría esa peli se non fose polos malditos lagartos, síntoo, pero danme un noxo, o día que vin o filme para durmir tiven que tapar as orellas contra a almofada non fose vir un lagarto a me remexer no cerebro.

Anonymous dixo...

...please where can I buy a unicorn?