mércores, 4 de xaneiro de 2006

Sombra


Cando penso que se fora, no mesmo Carrefour se me amostra, e non era a estrela que brilla pendurada sobre cada caixa, nen era o vento que zoa, porque nengun vento zoava nesta mañá soleada que aproveito para encher a neveira.
Non batemos os carros; en realidade apareceu de repente diante de min, a buscar a Zidane, que escapava dela brandindo a espada láser de Darth Vader e co intercomunicador galáctico no brazo esquerdo.
Saudamo-nos, e por liberar unha conversación que con grandes dificuldades se abriu camiño, preguntei-lle por cousas estúpidas como o nadal, o pé escordado do neno ou, a máis estúpida de todas, o traballo. En Marzo, cando terminen as rebaixas, empeza nunha tenda de zapatos, nunha rua que non coñezo, perto da sua casa, e Zara trata de orientar-me, mentres enreda cos dedos nos ferros do meu carro vacio.
Estamos parados xunto ás estantes das películas muitos minutos cargados de siléncios: non hai nas suas palavras aquelas aristas da última vez no parque, aquela feroz distáncia; pero tampouco hai máis do que unha leve, borrosa e apresada promesa de vermo-nos un destes dias, xa te chamo eu.
Deixo-a marchar sen facer outra cousa que segui-la cos ollos, a ela e a Zidane, camiño da saída sen compra.
Talvez, penso agora, podo pedir ás SS.MM. de Oriente un intercomunicador galáctico para ela e outro para min. Talvez, penso tamén agora, sexa un bon remédio.

(Ainda que, ben mirado, o casco dos Power Rangers tamén me mola).

8 comentarios:

Artipractor dixo...

El mejor metodo para comunicarse sin duda, ha sido, es y será...
Un cordel con dos vasos de yogures!
¿A que todos hemos tenido uno?

Plattdorf dixo...

O casco dos pallos renlles moito mellor, sen dúbida.

Arín dixo...

Eu preferia a espada laser, sen dúbida.

Peke dixo...

Que os reis che traian o que desexas, sexa o que sexa.

Daniel Rambaut dixo...

¡ Sexa o que sexa non, por favor Peke! ¡Que este bótanos do ático a todos!.
;-)

Durme ben e soña mellor... os Reises tan pertiño e quérente.

bueno dixo...

mui querido kaplan,
embora seja dificil ler a lingua galega, acho que estou me acostumando. como eu gosto do jeito poetico que voce descreve as situacoes. eu também gostaria muito de possuir um capacete dos power rangers, embora estrage o penteado, protege-me da chuva. Obrigado por fazer sempre de minha visita aqui à Ithaca, uma experiencia muito agradável!

Laurindinha dixo...

Preciosa a intertextualidade do principio do post... e moi efectivo o sinxelo detalle dos dedos enredándose no carro... Cada vez gústanme máis os teus posts...

Moraima dixo...

Que non torne aos teus cabezales a che facer mofa.
Concordo co Claudio, é tan grato lerte!

E así comezo outro ano teu, xa cheguei a xaneiro, achégome ao presente, agora, que xa vai estando máis preto, algo me di que debo retrasar o momento, e se logo non dou aguantado a premura por ler novos textos teus que ti tardarás en producir?

Confésoo, un par de veces fun mirar por ver se desde o domingo colgaras no blog algo novo, pero nada :-(