sábado, 31 de decembro de 2005

Tránsito

Xentilmente, Vapin cedeu a sua casa e o seu comedor para a cea de noitevella, e cun pouco de sorte e bon facer, en duas horas estará listo o paviño que aso no meu forno para ali levar.
Mentres escrevo aqui as interrupcións son constantes, pero docísimas: a cada pouco sobresalta-me o aviso do móbil con mensaxes inzados de felices desexos para o imediato futuro, ese que o tenriño 2006, nu e babeante gateador, pronto botará á miña porta para que me adentre nel; desde o Sul, escuito as palavras de lembranza de Ambece, e desde a saudosa Atenas é Ilu quen me susurra esperanzadoras notícias sobre a saúde do seu fillo.
Confirman asisténcia á cea case todos os indispensáveis: estarán Tere Holmes e Nican co cava insustituível; Ti e o irmao de Vapin, fornecedores de mariscos da ria; Estridente prometeu os turróns e, para alívio de muitos e tranquilidade da cristalaria, que non danzará sobre a mesa; Vladimir acudirá cos rusos, os instrumentos e un caldeiro de sopa tschi; tamén irá Pólis a quen, non podia ser doutro xeito, se encomendou a selección do viño nesta noite sen nengunha lua. Máis tarde, cando as nenas estean deitadas, virán Fesore e Xa para cerrar a listaxe de pasaxeiros.
Pero estarán tamén a quecer o meu corazón o mártir Rambaut, Morgana, Arín, o señor Pito, Cláudio, Willy, Laurindinha, a Pícara, Nona, Tz, Cesare, Teo, Velis, i.a., Plattdorf, Pawley, Peke, Dot, Artipractor, Regueifeiro, Aquí, Dolphins, Xanfarín e todos os que xunto a Kaplan forman a fecunda irmandade virtual que por Ithaca transita.

A todos, un mui feliz ano 2006!

15 comentarios:

D. Rambaut dixo...

Asegúroche có meu "xeado corazón" chegáronlle unha estupendas pingas de calor coas túas verbas. Deséxoche a ti e a túa filla en particular, e os demáis en xeral un moi feliz ano.
Dende o "rocho" prometemos non amolarnos por non nos convidar ó pavo.
Bicos
Daniel R.

Arín dixo...

Osmeus mellores desexos de paz para ti e os teus de Itaca.

Marinha de Allegue dixo...

2006 ilusións.
BeiJoSSSS.
:)

Peke dixo...

Felicísimo 2006.

bueno dixo...

obrigado pela menção. Tu também, estás te tornando, mesmo virtualmente, uma presença indíspensável no meu coração. Que eu te desexo tudo de bom, isso tu já sabes. Continuaremos firmes aqui neste novo ano. Um grande beijo!

Martin Pawley dixo...

Que sexa un ano moi bo. Que o fagamos nós bo, máis ben.

Artipractor dixo...

Zorionak eta Urte Berri On!

Morgana-desde-Ourense dixo...

El mejor de los deseos para vd, querido Kaplan, y muchas ganas de que nos cuente sus peripecias por Ithaca. Dele un gran beso a Polis (con lengua, si puede ser).

fisiologus dixo...

esperaba encontrate hoy o algun dia pero no ha sido asi. feliz año.

Plattdorf dixo...

Felicísimo Ano Novo para vostede. :-)

Tongzhi dixo...

Grande Festa :)
Um bom 2006 para ti!
Abraço

i.a. dixo...

com atrasso, eu sei, e mais igualmente cá chego á ithaca desejar-lhe um mui feliz ano novo mr. kaplan ;-)

Laurindinha dixo...

Debe de ser moi divertido cear en Fin de Ano cos amigos, aínda que teño que confesar que este ano a nosa familia estivo bastante divertida! Grazas por lembrarte de nós, Kaplan, Feliz 2006 para ti tamén!

Viajante dixo...

Obrigada pelos votos de Feliz Ano Novo, e pela visita.

Moraima dixo...

Kaplan, rodeado de xente que te quere, estupendo.