venres, 2 de decembro de 2005

Canas


Aproveitando-nos do dia do espectador, vou con Ti ao cine.
Cando chego, xa ela me está a esperar no vestíbulo, xunto a un enorme cartaz de Harry Potter, como se ela mesma fose unha das profesoras de Hogwarts, a de História e Dialectoloxia da Adiviñación por exemplo.
Ao escuitar o meu saúdo, Ti volve-se e recebe-me cunha nuve de fume e un comentário que quixo ser construtivo pero foi demoledor: Vai con ollo cando te coces nalgun xersei de angora, que mira como ves.
Pero non. Os pelos brancos na barba non eran de nengun xersei; son todos meus.
E a película de Coixet, como era de esperar, resultou magnífica.

6 comentarios:

bueno dixo...

gosto muito de tim robbins. nao conheco esse filme, mas parece ser interessante. um abraco grande e apertado!

Marinha de Allegue dixo...

A película promete...
:)

i.a. dixo...

gosta você, pois, da coixet mr. kaplan?

Le Petit Poyon dixo...

A película é unha pequena xoia, si... mmm, e Tim Robbins leva varias películas simplemente en estado de graza

Laurindinha dixo...

As canas son moi atractivas...

Moraima dixo...

A película, estupendísima.

A min encántame as canas, sen embargo, esas túas, teñen algo de sabor amargo.