luns, 5 de decembro de 2005

Ciúmes

E saíu.
Lucíu toda a noite con humor e esa apostura de quen está en casa própia. Todo se lembrava en binómios: recordos de Tadsio e eu nos tempos en que era meu aluno, as miñas clases, que foi dos seus e os meus compañeiros, o porqué do meu traslado; recordos de Tadsio e Polis no Marais e polo Soho; recordos de Polis e eu cando latábamos ao instituto para irmos aos billares, ou víñamos para aqui co pretexto de facer algun traballo e...
Creo que ti daquela inda non naceras, mira se non choveu. Isto foi Polis quen o dixo, e rimos todos, pero a primeira nuve escureceu o mantel imaculado e aquel sorriso lunar.
O segundo e definitivo eclipse viria despois, tomando unha copa; Polis e eu falávamos de calquera cousa; Tadsio, o sabuxo, rondava á nosa volta, ben cargado. Dá-me as chaves que te espero no coche, dixo para Polis, repetinamente: Pensei que tiñas ganas de estar comigo.
E marchou. E Polis atrás del.
E eu atrás de Polis, maldicendo a vida.

7 comentarios:

bueno dixo...

Hmmmm - já ví este filme. já viví todos os personagens, principalmente o do ciumento tadsio. como é que dizia mesmo o ditado... um é pouco, dois é bom, três é demais. Uma boa semana para voce, com muitas luas iluminando suas noites, e de preferencia sem eclipses!

Aultre Narai dixo...

que chungos os celos... en fin, paciencia. non queda outra

Marinha de Allegue dixo...

Hai que pasar por tódolos personaxes, hai que aprender.
:)

Peke dixo...

:)

Laurindinha dixo...

O das escenas de celos é do peor...

Tongzhi dixo...

Eu também já vi esse "filme" mas nunca na pele do "ciumento" - é coisa que não sou. E digo mais, lido tão mal com ciumentos que os ponho logo a léguas de distância. Eu costumo dizer que, namorados vão e vêm, mas os amigos verdadeiros ficam sempre!

Moraima dixo...

Segue a gustarme a forma de compoñer imaxes, texto, links, descubrín o mundo do Claudio pero resistinme, de momento abondo teño co teu blog.