xoves, 15 de decembro de 2005

Abúlia

Inesperadamente, nun lamentável exercício de boicot e falta de colaboración, o ferro de pasar derrama todo o seu contido líquido sobre a camisa xacente, e entra en agonia. Vai-se con el unha tarde de traballo doméstico apenas iniciada, e un dos regalos do noso casamento.
As consecuéncias son as esperadas: deixo para mañá o que devia facer hoxe, e sucumbo ao inútil encanto de facer que fago para non facer nada finalmente: carguei a lavadora, pero poñerei-na mañá porque ainda non está chea.
Empecei a montar o belén coas figuras que comprei no finde coa nena, pero deixo-o porque a caixa de zapatos camuflada agora non me convence como sucedáneo de portal. Tampouco podo guisar: no fondo do tarro hai unha mísera puñada de lentellas que non abondaria nen para un petisco, canto máis para convidar a xantar a Polis mañá.
Iso si, existe a posibilidade de vestir-me, calzar-me e saír á rua a comprar as cousas necesárias, pero non: deixo-me ir tarde adiante como se un rio me levase cara ao mar da abúlia e a atonia.
Ao facer balance, o dia ofrece un saldo exíguo: apenas uns cantos exames corrixidos, unhas poucas páxinas lidas de 2666, a novela de Bolaño, e este mesmo post.
Tamén vários kilómetros en voltas pola casa.
E si: os cacharros de almorzo e cea ainda emiten sinais desde o limbo do vertedeiro.

6 comentarios:

nona dixo...

Porque non ves facerme unha visita e así cambias de escenario, ves a miña petit maison a la campagne e paseamos á Lula pola praia? Este fin de semán estaría ben, podes traer á nena se che toca. Teño gañas de vela, e ao mellor ata fai boas migas coa Lula.

bueno dixo...

eu acho que dias assim sao um luxo que nos damos, e faz bem a alma. Dias de frio, cheios de coisas para fazer, passados na cama, lendo um livro ou vendo teve. Demorei a aprender, mas agora sei bem apreciá-los. Um abraco!

Anonymous dixo...

Eu escribiría algo aqui e agora, pero daaaaaaaaaaame preguiiiiiiza.

Tere Holmes dixo...

Dou por perdida a guerra e asumo que fales das nosas vidas e que incluso contes que lle levo xogos a tua nena para que aprenda a facer dodecaedros desde os seus poucos anos. Ganas ti e entro no xogo.
A ti se te rompe la plancha y yo tengo que volver a lavar la ropa y tenderla porque un/a imbécil ha fregado su lavadero y toda el agua sucia ha caído sobre mi ropa. Y no te cuento lo del boquete en el techo de la cocina que me acompaña desde hace 11 meses porque me cabreo. Estoy de los nervios y dando vueltas por la casa como tú.
Además leo que Estridente puede venir de vacaciones. Esa chica genera demasiada tensión grupal. Vapin no tiene nada que hacer porque ella está enamorada de otro que tú conoces que le gustan también los otros pero ella confía en volverlo a su acera. Ya te contaré más. Vivo fuera pero el poco tiempo que paso ahí me cunde mucho.
Conecta el móvil que te he enviado el número que juegas a la lotería el 22 de mi parte. Mándame cual es el que juego yo.
Esta ciudad me mata, necesito unas vacaciones y la tranquilidad de ITHACA. ¡Yo me quiero regresar!!! Bicos e apertas. Vémonos pronto. Máis bicos

Kaplan dixo...

querida miss holmes: deverias facer-me caso e abrir ti mesma unha blog. xa te convencerei. bicos e até ihaca.

Moraima dixo...

Miss holmes si, faille caso ao Kaplan e abre un blog, creo que poderiamos visitarte.