martes, 6 de decembro de 2005

De profundis

A tose, telúrica, que teño desde hai un par de días remexe agora non sei que seixos embolsados no meu peito.
Na gorxa medráronme silveiras que, con espiñas feroces, rabuñan a larinxe cada vez que trago o fluxo de areas en que se transformou a miña saliva.
Un alvanel minúsculo e incansable fura a cada pouco dentro do meu cranio: sen piedade nen festivos, hoxe concentra minuciosamente maza e cincel no parietal esquerdo.
Por nariz teño unha billa pingante e mal fechada; choromico dos ollos e apenas podo ouvir, e esta voz que sobrecolle a quen está ao outro lado da liña non é a miña, con certeza, porque eu aínda estou vivo.
Mañá, se algo resta de min, voltarei ao médico.

11 comentarios:

Le Petit Poyon dixo...

Ondiá... Ánimo, Sr. Kaplan e que lle saiba ben o jarabe que lle dean. Peteiriños.

mfkje dixo...

as melhoras, mr. kaplan :-)

i.a. dixo...

ai, estou tamém boa, pugem as letras da verificaçom da palavra em vez do nome :-))

bueno dixo...

bem vindo ao clube! é o inverno! agora é ficar encolhidinho na cama até passar! e agasalhe-se bem! (pareco minha progenitora-lol)

Begoña dixo...

Cóidesenos, Kaplan. Aínda ten moito que nos contar :)

Marinha de Allegue dixo...

Mellórese e coidese, andarei con bo tino de non quedarme con ningún virus.
:)

Artipractor dixo...

Disfruta de lo maravillosos sabores y texturas gelatinosas y espesas de los jarabes de chillones colores.

Arín dixo...

Xa o dixo D. Rambaut: agora que o papa elimina o limbo, usté acaba no purgatorio. Ánimo e mellore!

Peke dixo...

Cóidesenos, que as catarreiras axiña pasan. :)

Laurindinha dixo...

A ver se te recuperas axiña... Os catarros son unha lata!

Tongzhi dixo...

Podes tomar a Esmarufa, faz sempre bem. Mas um xarope de cenoura também é bom.
Cenouras raspadas e bem lavadas.
Cortas rodelas muitoooooooo finasssss (qto mais finas melhor) e pões em camadas com açucar amarelo. Deixas criar molho que vais tomando às colheradas. Podes também chupar a comer as rodelas de cenoura.
Alivia muito a tosse