luns, 26 de decembro de 2005

Divórcio

Cea de Noiteboa e xantar de Nadal na casa dos pais, mui familiar e cos temas de conversa e debate acostumados, pero este ano brillando especialmente a lei anti-tabaco. Da mao da nena, vou aborrecido onte ao serao para a nosa casa, sen esperar a que miña mai, que non fuma, concluíse a sua ponéncia anti-lei-anti-tabaco, consistente na enumeración de todos os fumadores coñecidos que non morreron de cancro, e viceversa, os mortos de cancro que non fumaron un só cigarro en toda a vida.
As temperaturas subiron muito, pero segue indo frio, e as ruas esmorecen baixo os pasos dos que, coma nós, van á procura do seu lexítimo lugar e abandonan a casa familiar onde pasaron, un ano máis, o dia de Nadal.
Na rua do Santo atopamos a Vladimir, aquecendo os dedos para poder tocar; un pouco máis adiante, nas Cortiñas de San Román, Mirinda pasea con Ti e as duas veñen a facer-lle grazas á nena, que lles ensina o meu neto, orgullosa e chea de meco. Calo que vin a Vladimir, ese obseso do cibersexo, porque temo botar leña ao lume, e porque no meu cerebro ecoa ainda o Maldito internet de Mirinda cando o Xoves, na inauguración da Cova, deu por morta e enterrada aquela unión, confirmando asi os informes de Polis.
Internet uniu-nos e internet separou-nos, e acabou por converté-los en personaxes dramáticos: coñeceron-se nun chat, e agora, separados, Mirinda confesa que segue a buscar naquel mesmo chat o home da sua vida, nunha procura pertinaz e deseperada; tamén os converteu en personaxes de serial televisivo: mentres el volveu ás ruas de Ithaca co clarinete, ela toma a decisión de adoptar un fillo, e soña xa cunha nena oriental adormecida no colo como adormecido vai, coa fofa pel de goma ao lentor da noite, o meu neto, ese boneco rosado e gordecho que a miña filla arrola.

7 comentarios:

bueno dixo...

:>.)

maré aberta dixo...

Bom natal e marinheiro 2006!!!

-O capitam de Maré Aberta

Marinha de Allegue dixo...

O que empeza remata e así unha vez e outra máis. Logo empezará algo novo.
:)

Arín dixo...

De todas formas, non cres que pode haber arreglo? Digo entre Mirinda e o ruso... O peor de todo é que se ela segue a buscar nun chat, seguro que volve atopar outro que obseso chateador será.
Feliz aninovo querido Kaplan.

bueno dixo...

se nao escrevermos até lá, te desejo um ótimo ano novo. continuaremos aqui!

nona dixo...

Feliz ano novo, e que o desfrutemos con saúde e bo humor. E do de Ikea, xa falaremos.

Tongzhi dixo...

Bom Ano de 2006. Tudo de bom por essas bandas!
Abraço