venres, 27 de xaneiro de 2006

Manias

A petición dun dos dous hemisférios da Noite subsahariana, fago acto de contrición, e sen muito propósito de emenda, confeso, con humildade e certa vergoña, os cinco pecados capitais solicitados. Velaí:
  1. Ódio a sopa sobre todas as cousas: podo xurar que desde a última vez que a comin catro papas houvo en Roma, e cinco presidentes na Moncloa; naquela altura era eu un menino impúber, e hoxe nen son menino nen impúber, e algunhas veces até nen son.
  2. Non soporto os relóxios parados nen os calendários coa folla do mes anterior, tampouco os relóxios que non se axustaron ao correspondente horário de verao ou inverno. Folga dicer que, ainda tentando-o por experimentar que se sente, nunca dou chegado tarde a unha cita.
  3. Teño fóbia ás arañas: implacável, paralisante, imesurável; a soa visión dun destes seres pode arruinar-me o sosego na máis pracenteira velada. Obviamente, sigo sen acreditar na existéncia dos seus primos os ácaros: se tal sucedese, sucumbiria á loucura, sen remédio.
  4. Son escrupuloso comendo: pelo meticulosamente as laranxas até eliminar a capa branca que hai baixo a casca, retiro todos e cada un dos fios dos plátanos, ver tona no leite dá-me náuseas, chego a suar se vexo que a carne sangra no prato, etc.
  5. Angústia-me comezar unha cousa sen ter rematada a anterior, e iso vale para todo, sexan bolígrafos, livros, cursiños ou parellas; o cal non significa que non o faga, senón que me flaxelo duramente cando sucede.

Desexaria que confesasen as suas cinco manias Teo, Peke, Plattdorf, Cesare e Tong-zhi.

10 comentarios:

Marinha de Allegue dixo...

Somos unha panda de maníac@s...
Unha aperta.
:)

AQUI dixo...

hehe, faime gracia o da sopa, como Mafalda!

bueno dixo...

olá! compartinhamos o medo de aranhas e o nojo da nata do leite, ou carne sangrando. bom sabado!

Peke dixo...

Superei a fobia as arañas porque vivo cun amante delas. Non me quedou outra. ;)

Laurindinha dixo...

Encantoume a dos fíos do plátano... que meticulosidade... por outra banda, eu tampouco son capaz de chegar tarde a unha cita, nunca saberei o que se sente... a carne sangrando... non a podo ver!

Madeleine dixo...

daquela, e perdone a intromisión, cantas candeas apagou no seu último cumpleanos?

Arín dixo...

Mr. Kaplan, non son teimas como para ir ó inferno, recoñézoo.

Tongzhi dixo...

Já postei as minhas manias
:)))))

Plattdorf dixo...

Eu tamén. :-)

acedre dixo...

Algo maniaco si que eres. O dos fios do platano xa e muito. O dos calendarios pasame a min tamen e o dos reloxios parados ou atrasados fastidiame bastante e pareceme unha irresponsable a persoa que dixa que isto ocorra. E cantas reloxerias fan iso...