xoves, 9 de febreiro de 2006

Compra

Vou ao súper facer a compra da semana (non moita, a dicer verdade, e sumamente austera devido á dieta): leite desnatado, xamón cocido, tomates, leituga, iogures desnatados, auga sen gas, peitugas de pavo, ovos e unha linda xarda con toda a sua graxa.
Para compensar tanta tristeza, e en solidariedade cos súbditos da raíña Margarida, compro tamén cinco latas que non admiten boicot, e que eu non catarei.
Vou-nas entregando ao longo da tarde soleada, de forma que dous descafeinados con sacarina e unha infusión despois desfrutan da sua Ti, Vapin e Vladimir.
A Pólis darei-lle a del esta noite cando veña por aqui (sempre e cando deixe aparcado o maldito tema de marras).
Asi que tan só me resta unha. Di-me, Tere Holmes que estás en el cielo-Pozuelo, quere-la ti?

8 comentarios:

D. Rambaut dixo...

Coido que se a desexa cando poida vir buscala xa estarán "resesas" ;-) pero tí tranquilo, déixaa pola casa e fae que te olvidas dela.... xa nós, os de enriba, entraremos en acción.
Daniel

Tere Holmes dixo...

♫ Teño morriña, teño saudade… ♫
Ayer volví a empezar el régimen en serio porque peso 5kg más de lo que me permiten mis médicos para mi “titánica” columna. El problema no es que ellos me lo manden, que ya sabes que soy poco dada a hacer caso de las imposiciones, es que noto que me sobran realmente. Así que gracias pero resistiré tu tentación… y eso que creo que la mejor forma de vencer la tentación es sucumbir de lleno en sus brazos…pero como dice el habitante de tu rocho (¿quién es?) me quedan un poco lejos para sucumbir.
En ∑M no tenemos vacaciones por Antroido pero buscaré el modo de pasarme por ahí a celebrarlo, saltarme el régimen (ya sabes adonde iremos a cenar y que) y volver a subir al rocho para conocer a todo ese personal que lo habita. Por cierto, ¿de qué nos vamos a disfrazar? Porque tengo que llevarlo hecho de aquí y al final no concretamos nada con Ti y Vapin
Estuve en el “Arroyo” y puede que creas que estoy en un “pozo” pero este año viajo desde la zona más contaminada de Madrid (ayer estaba en alerta roja)hasta la base militar.(Cambio climático » Blog Archive » No hay que esperar a 2010 para actuar contra la contaminación en Madrid http://www.ecologistasenaccion.org/article_pdf.php3?id_article=3746). Ya sé que es difícil recordar donde estoy destinada cada año pero siempre te equivocas. Te pasaste todas las Navidades diciéndome que estaba en Las Rozas…¡céntrate, Cari!
♫ Teño morriña, teño saudade… ♫

Arín dixo...

Xa que a Holmes non quer as cuquis, que tal se a repartimos vostede e eu?

D. Rambaut dixo...

Meu estimado ARIN... ¡¡NÓS ESTÁBAMOS PRIMEIRO ¡¡, ademáis a entrañabel Tere Holmes cedéunolas por escrito nas liñas que están escritas enriba das súas.
Sinto, pero utra vez será ;-)

Arín dixo...

Queridísimo Rambaut: NANAI! as cuquis pedinas educadamente, non me apropiei delas camelando á miss Holmes Deus sabe de que xeito.
Vostede e esa manda de mártires do rocho non teñen dereito máis que ó martirio, xa o sabe!
Mr. Kaplan, interveña.

Laurindinha dixo...

Que boíño cos amigos, Kaplan, que detalle o das galletas!!

Kaplan dixo...

lamentavelmente, tarde piaron os dous: meus pais deron (e dan ainda, supoño) boa conta das cookies acompañando o café.
e esas formas, esas formas :-(

D.Rambaut dixo...

Uissss.... Meu Arín do ialma ¿tes rocho acolledor? Coido que este bagamundo do Sr. Kaplan ándanos a remartirizar :-(
Daniel