Para alén da saudade, sigo unido a Atenas por un vínculo prosaico e financeiro que estende os seus tentáculos até un vertixinoso ano 2036, segundo creo.
A excelente notícia, sen embargo, irrompe esta mesma tarde en pleno videoclube via móbil: se nada se torce, e os ventos son favoráveis, en poucas semanas hei-me ver livre de tal cordón.
Resulta belo acreditar que, mui pronto, o ruído das solas doutra nena varrerá a tristeza daqueles cuartos vacios.
3 comentarios:
E quen non ten unha hipoteca? A miña termina en 2013 se todo vai ben, claro. Que lle vaia ben coa venda señor Kaplan.
eu nao tenho hipoteca, mas também nao tenho imóvel!
Sorte, Kaplan. É un alivo cando un se desfai desas cousas.
Publicar un comentario