venres, 8 de setembro de 2006

Acuciado

Acuciado polos gastos dos próximos meses, fago contas: como a primitiva me é inexplicavelmente remisa apesar da nula fortuna amatória, e como me obstino en seguir a este lado da lei, a única forma de aumentar o saldo bancário pasa por reducir gastos.
Revisando fastos e derroches, a vista detén-se no fio de fume que ascende voluptuosamente desde o cinceiro á miña esquerda.
Calculadora en mao, os resultados son implacáveis: daqui ao mes de Xuño terei gastado 825 € en tabaco, aproximadamente o que custa un frigorífico.

7 comentarios:

X dixo...

Non calculou os gastos derivados como:
- o gasto farmacéutico derivado do consumo de tabaco
- o gasto en ambientador
- o gasto e lavar as cortinas máis a miúdo porque olen a tabaco
- o gasto en mercar un novo cinceiro porque rompeu o que tiña ao lado do teclado
- o gasto en mistos/mecheiros ou semellantes
- ...
Pero, e o ben que sabe?

i.a. dixo...

e mais é que você por acaso precisa um novo frigorífico?

Morgana dixo...

También yo le ando dando vueltas al asunto (digo lo de dejar de fumar, no la nevera). ¿Y si nos decidimos de una vez?

X dixo...

Anímense, se eu puiden pode calquera.

nona dixo...

El xa puido, o condenado, que deixou o vicio moito tempo pero volveu caer. E volverá deixalo, ¿non é, Kaplan?

X dixo...

A min xa me parecía que o noso particular Dr. House era un reincidente en toda regra.
Dr. House, a consulta!

Lúa dixo...

O que mais molesta prá min non é o gasto de cartos(bueno un pouco si)...o que máis molesta é o depender até puntos incríbeis dunha cousiña tan pequena e con tan mala leite!!!!: sinado:
O botafumeiro andante.