venres, 15 de setembro de 2006

Adicción

Niso estamos: no malestar, no mal-humor, nas maos inquietas polos petos, na tose, no insómnio, na gorxa seca...
Até agora (6 dias despois) parece que ninguén reparou (será certo que afinal nen a família nen os amigos saben que existo?), ainda que, convertido nun abominável Mr. Hyde, cada noite libero os máis baixos instintos e violo algunha bolsa de pipas ou patacas fritas para inutilmente suplir a nicotina.
Recoñezamo-lo: fumar é muito máis elegante. E non engorda.

8 comentarios:

X dixo...

É máis elegante, máis pracenteiro, máis...
mais tamén é máis...

Kaplan dixo...

si claro, iso tamén...

nona dixo...

Ánimo, que os efectos secundarios pasan axiña.

Tongzhi dixo...

Espero que consigas :)
Eu já tentei...
Abraço!

X dixo...

Blue di ten fame e a min non me quere comer :(

fisiologus dixo...

ya adelgazarás.
si los demás no dicen nada mejor, así no te lo recordarán a cada rato. pero no seas susceptible.
ánimo.

Lúa dixo...

nin mo planteo(de momento)

paideleo dixo...

Ánimo que podes logralo.