martes, 19 de setembro de 2006

Serpe

Onte, entre a unha e as cinco menos cuarto (isto é, mentres xantava na de meus pais e tomava o café noso de cada dia con Ti e Vapin), alguén deixou diante da miña porta unha bolsa de plástico chea de mazás recén collidas.
Vinte e oito gorentosas, húmidas, fresquísimas mazás recén contadas.
Hai na sala algunha serpe que queira dar-me un mal consello?

8 comentarios:

Laurindinha dixo...

Sempre relacionarei as mazás contigo, Kaplan, sobre todo a compota :D Na miña casa tamén chegaron moitas mazás en forma de agasallo.

Nona dixo...

Pois moito olliño, que mira o que lle pasou a Brancaneves.

alfama dixo...

e a tal Eva nin che conto...

Arín dixo...

E que dicir de Guillerme Tell?

D. Rambaut dixo...

Pois ó Sr. Newton ainda lle doe o trastazo da que lle deixaron a el "caer dunha árbore". :-(

Daniel

Kaplan dixo...

vaia, vexo en todos vdes muita erudición, pero poucos consellos...!

Anonymous dixo...

Non ten sentido saber canta xente está conectada nun momento dado se é imposible a comunicación, non si?

Lília dixo...

Que inveja! Adoraria chegar a casa e ter, à porta, um saco cheio de maçãs. Que saudades de comer maçãs acabadas de apanhar, em vez das maçãs do supermercado, todas iguais, sem bicho e quase sem sabor.