xoves, 14 de setembro de 2006

Fesore

Para xustificarse chama Fesore: para explicar por que desapareceron repentinamente case ao fin das vacacións, para despedirse, para aclarar que foron aquí e acolá e que ían chamarnos pero non chamaron, para en definitiva evocar os días que xuntos pastoreamos as nosas fillas.
Daquela conta que nuns meses súa mai marcha a viver con eles a V: algún día ía suceder, di Fesore, pero todo se precipitou porque ten que deixar a casa, que lla venden; doulle crema con que terán máis axuda coas nenas e con que se van afacer mellor agora que máis adiante... e aínda seguimos con comezos de curso e livros antes de eu caer da burra e decatarme de que, falándome da marcha da súa mai, Fesore en realidade dime que deixan Ithaca definitivamente, que xa non virán porque non teñen nin casa nen familia nin can que lles ladre, que debemos esforzarnos por manter o contacto, sobretodo entre as nenas, que debo saber que na deles teño a miña casa e todas esas cousas, e seguimos aínda uns minutos prometendo e planificando, e non cando colgo senón máis tarde, moito máis tarde, dou en sentir unha pedra, dura e fría, no estómago.
Fóra chove, e a tarde está gris.

5 comentarios:

Arín dixo...

A vida pasa: é unha sucesión de lugares, de amigos, de persoas queridas. Non se apene.

Anonymous dixo...

Si, uns veñen e outros van. Ás veces volvémonos cruzar. Léveo ben.
Peke.

Lúa dixo...

mágoa, pero nunca perda o contaco inténteo

X dixo...

Pasou o post e... non souben que lle dicir.

Kaplan dixo...

pero leu-no, con iso basta.