luns, 11 de setembro de 2006

Consulta

Ben sabe deus que quen esta tarde me investigou polo hemisfério sul non era o doutor House, asi que o que me sucede non é consecuéncia dunha desas gripes mal curadas con prolapso sinfopubiano e atrófia da musculatura posterior do pericárdio, que sen embargo se confunden polos síntomas coa necrose sangrante dos tecidos parcopelianos do sistema esclupenático maior.
Pero que ninguén se asuste: se o médico fala de que aí atrás hai unha fisuriña que se cura cunha cremiña e uns poíños, e manda que volva por ali nunhas semaniñas, daquela o caso non deve ser mui grave.
Mañá, sen falta, irei polas receitiñas á farmácia.

5 comentarios:

X dixo...

Alégrome de que sexa pouca a pupiña :)

Anonymous dixo...

Parabéns!

Morgana dixo...

:)

nona dixo...

Ai que me parto cos seus prolapsos, Dr House-Kaplan!!

Lúa dixo...

hehehehehehe quitamos as sireas entón!