Conta-me Ti que existe unha boneca extraordinária, e non só polo prezo (arredor dos 150 eurazos), senón porque, ademais de chorar, comer e defecar, pode falar coa sua mamá (ou ama) para pedir-lle o menu que lle apetece para xantar e as cousas que desexa facer, mesmo ir para a cama.
Ti sabe todo isto porque Papá Noel lla trouxo á afillada dunha amiga dela: o dia de Noitevella, a boneca escolleu para cear spaguetti e xelado; cando terminou, seguramente por mor da pesadez da dixestión, afirmou teimuda que era hora de dormir, e repentinamente esmoreceu, se é que a expresión é válida, deixou de estar operativa até que lle saíu dos circuítos e houvo que deixá-la na casa mentres todos marchavan a cear á casa da avoa (isto é, da bisavoa da boneca).
En calquer caso, o maior perigo desta boneca, a sua maior tirania, consiste en que se non son atendidas as suas necesidades básicas e caprichos, poderia morrer, desactivar-se para sempre, subir ao ceo infernal dos xoguetes, deixando atrás un corpo rosado e incorrupto e unha nena desconsolada.
6 comentarios:
te estas justificando?
O que eles inventam... Vivam as velhas bonecas de trapos e a imaginação das crianças!
Coñezo moitas nais e pais que loitan contra os xoguetes sexistas pero pouco poden facer contra a publicidade sexista que segue igual...
Ao final gana a vontade do pequeno e/ou a pequena... ¿Cómo negarlle algo que lle fai tanta ilusión por moi sexista que sexa?
Desexemos que eses pequenos, cando deixen de selo, recollan o testigo e sigan a loitar contra algo que non nos leva a bo porto...
Mrs.Doyle
En 2 palabras: im-presionante
xesus!!!!é unha boneca infernal!!!!!que medo me dan esas cousas!!!!coma Chucky, imaxinas?????uffffff
Eu oín falar desa caste de bonecas suicidas e carísimas; cando llo propuxemos ás nosas fillas dixeron que lles daba medo, e non me estraña!
Publicar un comentario