mércores, 31 de xaneiro de 2007

Definitivamente, a Morte aprendeu ben o camiño a nós e percorre-o, asídua, como eu percorro o do tanatório, novamente en poucos meses.
Desta vez é o pai de Ti.
Na parede da sala de visitas hai unha lámina de Monet; a xente move-se lentamente, como un fluído mui espeso. Ti despega-se de abrazos e pésames e saímos a fumar; comenta-me que en realidade o perderan hai un ano, cando o primeiro ataque o sentou na cadeira de rodas, que o ictus do outro dia tan só puxera o ponto final; falamos do enterro, ao que non poderei ir porque traballo, falamos da Blu e quedamos de paseá-la xuntos un dia destes, e falamos de sua mai, á que despois vou saudar para escuitar-lle dicer tristemente que sobretodo acaba de perder un amigo, o mellor amigo.
Para non ver o brillo nos seus ollos claros, levo os meus ás desconcertantes papoulas, ao ceu azul cheo de nimbos, ás verdes árvores que unha vez pintou Monet.

5 comentarios:

X dixo...

Hai uns días eu tamén tiven unha cita semellante, ela choraba, levaban sesenta anos xuntos, e a min deume mágoa pero sobre todo deume envexa porque nunca poderei dicir o mesmo. Saúdos Sr. Kaplan.

Arin dixo...

Síntoo moito. Un saúdo a Ti da miña parte.

Tongzhi dixo...

Perde um amigo e, sobretudo, um companheiro...

gatina dixo...

Unha proba mais de que un amigo sempre o será, por riba de ser o amor da nosa vida.

Tere Holmes dixo...

Ya sabes que no he podido ir y porqué no respondo tus "tests" y casi ni leo esta blog. Bicos y coida de Ti