xoves, 25 de xaneiro de 2007

Blu

Falei aqui hai dias do meu desexo de compartir casa e vida cun cadeliño; tamén da miña visita á protectora para elexer un, chamado Blu, do que solicitei a adopción.
Pois ben, desde onte percorre os cuartos da casa, corre a min en canto me sente levantar, seguramente temeroso de que o soño remate, acostuma-se á nova comida e a unha cama muito máis branda que o cemento en que dormia, e vai perdendo ese cheiro infamante dos cans abandonados.
Mesmo recupera parte da sua identidade, porque o que na protectora me deron por macho, na realidade é unha amantísima cadela que non se afasta de min un segundo.
Mentres me dorme aos pés, leo un estraño manual de instrucións canino que me prestou o veterinário; entre espectaculares fotos a cor de saudáveis animais, o autor recomenda-me ser o xefe da manada: comerei eu primeiro, esquecerei a expresión por favor, non consentirei insubordinacións nen caprichos, emitirei ordes con claridade e firmeza, e actuarei con paciéncia, xustiza e temperanza.
Amén.

15 comentarios:

Anonymous dixo...

Han de estar ben xuntos.

Tongzhi dixo...

Eu há tempos também pensei nisso, de ter um cão. Mas acabei por desistir pelo facto de não ter um apoio para quando estou fora!

Ra dixo...

Es precioso.
Un saludo

D.Rambaut dixo...

¿é a comunidade de viciños que dí? Os d'aiquí apóiante: San Bernardo, San Roquiño, San Antonciño...máis fae falla saber a opinión dos outros.
Daniel

Natyara dixo...

Eu tamen teño unha cadeliña que veu da protectora, xa leva tres anos comigo e non a cambio por nada, ainda que o principio foi bastante dificil, por que tiña medo de calquera cousa, pero mereceu a pena.
Un saúdo

peke dixo...

Así que unha cadela. Ten cariña de boa persoa. Xa nos irá contando porque eu tamén ando matinando no tema.

Anonymous dixo...

Lindísima

A Raíña Vermella dixo...

Supoño que o tipo do libro saberá máis, pero non se pode ser xefe da manada pedindo as cousas por favor? A cadeliña é linda, linda. Noraboa pola adopción:)

Mr Tichborne dixo...

Que curriño! Por favor, non te convirtas nun Pinochet da cría canina. Seguro que o tipo do libro xanta Foxterrier ó churrasco.

leco dixo...

Nós tamén temos unha cadela que veu do canil. Era unha cousa rara de dous quilos e medio co pelo queimado e aínda máis medo que fame e cunha tose que se prevía crónica. En poucos meses deu paso á Shi-tzu de cinco quilos máis querente e espilida do mundo. A tose pasou logo, os pesadelos demoraron un bocado máis. Leva connosco os sete mellores anos da súa vida... e da nosa.
Parabéns Sr. Crusoe!

Lúa dixo...

que bonita!!!!e que agradecida, e moi loable o que fixeches, salvar un cadeliño desa vida...parabens e espero sexades moi felices, bicos aos dous!

Arin dixo...

Alédame saber que non é vde. deses que sentan o can á mesa. Adiante coa disciplina canina!

leco dixo...

Como non lle vexo enderezo de contacto por ningures voulle deixar isto por aquí:

Desde De Ugarte-Roger-O Levantador de minas recibo o inquérito que me pide tres razóns para abandonar España. Malia que inmediatamente me veñen á cabeza unha morea de boas razóns para querer vivir noutros lugares, ao mesmo tempo non teño tentacións de marchar. A xente que quero é para min a primeira razón para vivir onde vivo aínda que teña que aturar:

-A corrupción sen límites que tendemos a aceptar como mal menor da democracia (non era precisamente un dos piares das ditaduras?), arexada sen pudor e case reclamada como mecanismo para que todo funcione.

-A amargura de moitas persoas que con frecuencia as leva a causaren mal a outras, sobre todo cando estas últimas resultan ser “pringadas anónimas”.

-Tantas leis. Ao meu fillo de seis anos non lle colle na cabeza como hai tantas cousas que son obrigatorias ou que están prohibidas, e a min tampouco. Como coas tradicións, en moitos casos bastou unha escusa para establecelas e, por moitos anos que teñan pasado e por moito que teñan mudado as circunstancias, nunca as boas razóns son suficientes para desterralas.

Tamén se me pide que convide outros cinco blogs a participar, o que transmito con gusto a: Trapobana, Paideleo, Robinson, Xabier Docampo e Jaio

Anonymous dixo...

Xa non ten tempo para nós?

willy dixo...

eses consellos... algúns país deberían lembrarse deles para educar aos seus fillos!!!