Non fora senón un até logo. E aqui estou de novo tras a espantada e o siléncio, pero agochado a ver esta vez por canto tempo.
Cando hai dous meses marchei repentinamente, fixen-o abafado e aborrecido, sentindo-me acosado, farto principalmente de non poder contar aqui determinadas cousas porque habian de ser lidas tarde ou cedo pola miña amiga no exílio: estaba a construír un castelo arredor da miña vida, e por contra deixaba unha porta aberta pola que se podia axexar dentro.
Ao longo deste Inverno fun reorganizando e acondicionando o entorno: talvez máis solitário que nunca, rodean-me agora unicamente a miña filla e o resto da família, os meus amigos do traballo, e pouco máis, porque os outros, os de sempre, parecen estar agora máis lonxe que nunca.
12 comentarios:
Sinto o que di, pero alégrome tanto de que estea aquí para dicilo!!!
E ademais veu con agasallo debaixo do brazo ;)
;) ánimo
encantado de volvelo ler
Benvido de novo!
E, se lle apetecer, pase polo lemosgalego.blogaliza.org e apúntese. Xa verá como as penas con pan so menos ;)
Como me aledo da súa volta, querido Kaplan. Botábao de menos. :) Ánimos!
BENVIDO, MR. KAPLAN!
Alédome moitísimo do seu retorno e agardo con ansia eses posts que non mostran anacos dunha vida en Íthaca...
Sabía que volvería... y ha vuelto!! :)
Se e X o di...eu acredito no seu credo.Benvido Mr Kaplan!
Benvido de novo... as veces é bo voltar a empezar, cos folgos renovados.
Como que volveche?? Nom deverias!! Estou enfurrunhada, nom contava com isto. É umha espécie de (doce?) traiçom.
Já nom hai palavra nem homes nem nada! :P :P
[E nom te raies, cada vez convenço-me mais de que o dos amigüitos nom passa de mito de adolescentes.]
Os amigos chegan, uns van e veñen, alguns non volven e outros quédanse para sempre... (e isto non ten que ver con estar preto ou lonxe)
Alégrome de que volvese Mr. Kaplan.
Démoslle a volta o reloxo e que a area comece a caer... Que delicia a súa volta! Benvido, kaplan
Publicar un comentario