xoves, 21 de agosto de 2008

Contesto

Nalgunha ocasión anterior xa tiven que parafasear a Cortázar ao dicir que este blogue é moitos blogues pero sobretodo é tres blogues; agora, cando dous queridos e fieis lectores se me mostran preocupados por non sei que aparicións e desaparicións, cómpre que explique que este blogue é, como nos pregaban no catecismo, un e trino, aínda que principalmente un.
Na rebotica hai outros dous, xa invisibilizados: ambos conteñen monstros only for my eyes; un deles é o almacén de vellos diarios de inverno que dei salvado cando me invadiron o disco duro gais troianos e viciñas ninfómanas, de xeito que serían os capítulos iniciais deste blogue, pero nunca verán a luz; o outro, un simple laboratorio: aí toman forma e son probados moitos dos post, slides, banners, fotos e demais que logo asoman (ou non) ás brancas praias de Ithaca.
E así, meus, non hai máis cera que a que arde, nin máis Ithaca que a que estades a ler.

5 comentarios:

La queue bleue dixo...

Oh, pois eu nom sabia nada do três ou dous por um, de facto ainda nom sei se me enterei agora bem de como era o choio... Enfim, se quando digo que ando na pola...
De todos modos, é um prazer, como sempre :)

peke dixo...

Está vostede de aniversario e eu non me decatei? Se así fose, parabéns.

Sun Iou Miou dixo...

Eu tamén nin sabía nin me preocupei. Ata hoxe. Porque pasar de Cortázar ao catecismo méteme muito arreguizo na espiña.

D.Rambaut dixo...

Ainssss.... despois desta non sei se seguir queréndoo ou comezar a amalo....

;-)

Daniel.

pd: e non Peque, o aniversario é para principios de novembro, ;-))

X dixo...

Glups, aló vai toda a miña teoría sobre o seu blog para escolleitos convidados, esta imaxinación miña... :D

PD: d.rambaut ámeo, mellor ámeo :)