Da furia demoledora dos vendavais aos que este Inverno levamos sobrevivido, dos diluvios que duraron días e días, daqueles pós e aqueles trollos, das crueis xeadas nocturnas pousadas ás mañás nas pólas irtas, da desesperante invernía de finísimos orvallos, das néboas mestas que pesaban ao ir a traballar coma o recordo de malos soños, dos fríos que nos cortaron a pel e os folgos, daquelas neves falsamente puras, de soles doentes e esmorecidos que case non se deixaron ver e logo morrían en solpores rubros, do correr infatigable dos meses, rodeada de cantos de paxaros e flores coma estas está a nacer, un ano máis.
Bendita sexa!
4 comentarios:
Si, chegou por fin :)
Chegou con forza.
Que dure para safar de Fenosa.
Ai, si. Xa era hora.
A verdade é que si, xa podía chover dunha vez. He!
Publicar un comentario