luns, 2 de marzo de 2009

Lacrimosa


A outra vez víraa de cativo, coa miña irmá, nun cine desaparecido de Ithaca, e xa non lembraba que fose tan lacrimosa.
Pero Sábado á noite no sofá do salón, coa señorita Kaplan encaixada nas costelas, foi como se rompesen os muros dalgún encoro: os dous acabamos chorando sen disimulo, como billas abertas, e tanto himpamos e tanta risa nos deu, que non dábamos escoitado o que se falaba no faio dos frades nin a escolla de Marcelino, que se non era ben un tsunami de bágoas.

Indo para o sobre, a nena aínda se laiaba de non querer Marcelino meterse a frade, como frei Porta; ou a garda civil, suxería eu.

3 comentarios:

As Tertúlias... dixo...

Ohhhh meu lindo... cada vez gosto mais de passar por aqui... carinho. Ricardo

Peke dixo...

Lembro cando a vin de cativa que tamén choraba coma unha magdalena.

rivela dixo...

Pois tereina que voltar a ver porque a vin de pequena e xa non me lembro