1. Ambece mándame unha mensaxe de móbil para anunciar que xa leu a tese, que xa é doutora. Sei que é en Pedagoxía, pero non me resisto, e na resposta cos parabéns dígolle que meu pai ten gripe, que lle receite algo.
Dez minutos despois, nun sms dime por onde me podo meter o móbil e pregunta que planos teño para este Verán.
Apago o móbil e non resposto.
2. Eu non o sabía daquela, pero efectivamente meu pai ten catarro e está dun humor pésimo; supoño que é normal despois de que todo o mundo lle preguntase se tiña a gripe porcina. A vantaxe de ser o último en meterme con el é que xa nin se molestou en respostarme; simplemente me ignorou, e seguiu xantando.
3. M., probablemente a mellor adquisición para o claustro este último curso, cumpriu a súa promesa e a semana pasada avisoume de que volvía a miña serie favorita viva. Agora eu non sei se contarlle o que miña irmá, que ten cadeas temáticas e leva varios capítulos de adianto, me contou a min hoxe.
En tempos, se non lle dabas propina ao acomodador, podía contarche que o asasino era o mordomo; agora, por moito menos, pode que che digan como morre unha doutora á que hai que matar porque ten un papel noutra serie.
3 comentarios:
Non me diga, señor Kaplan, que non pudo respostar porque tiña o mobil, donde a "doutora" en pedagoxía lle mandou...
1. Pegadoxía, Kaplan? Quite o móbil de onde o ten metido e escriba comodamente sentado. (`_^^)
2. Ao final, seu pai de vostede ten ou non ten a gripe dos porcos?
3. Se M é a mellor adquisición para o claustro considere que iso é unha propina e non se malquiste con ela.
Corrixido, Sun; a metátese debeuse seguramente a que tiven comisión pegadóxica onte pola tarde.
Meu pai só ten o catarro dos pais, afortunadamente.
Non sei que pedagoxía será esa que recomenda meter tales cousas en tales sitios, María Jesús
Publicar un comentario