sábado, 6 de xuño de 2009

Reflexión

 Así estou hoxe eu, debaténdome entre o deber e o desencanto: a Europa na que creo non ten nada que ver coa que vexo nos medios de comunicación, nos discursos dos políticos, nese parlamento etéreo e bizantino en que vexetan o seu retiro dourado dinosaurios e vellas glorias.
Que irei votar é seguro, porque está comigo a señorita Kaplan e non quero que unha cousa sexa predicar e outra dar trigo; pero se votarei en branco ou aos de sempre está aínda por decidir.
A miña xornada de reflexión aboia, pois, entre a apatía e a náusea.

6 comentarios:

Peke dixo...

Estiven varios días coa ADSL medio avariada, chego aquí e atópome tres post. Vaia regalo! Estou na mesma situación ca vostede, pero xa o teño máis claro.

willy dixo...

Lembre o que lle dicía Dumbledore a Harry Potter: virán tempos difíciles, pronto teremos que elixir entre o que é correcto e o que é fácil.

mariajesusparadela dixo...

Por primeira vez desde a democracia, non fun votar. Se o Psoe e compañía aprenden o que teñen que facer, ainda lle podo dar, nas seguintes, un sustiño ós que gañaron agora...

bueno dixo...

concordo. essa eleicao européia é mais uma alegoria do que verdade.

Noemí Pastor dixo...

Yo fui a votar sin demasiada convicción ni alegría. Ahora me alegro de haberlo hecho. Muchos votos de izquierda se fueron a la abstención y mira tú lo que ha pasado.

Sun Iou Miou dixo...

Eu votei. Talvez sirva de pouco, pero de menos serve, pensei, quedar a chorar na casa o miserables que somos.
Ao día seguinte, quedei na casa a chorar o miserables que somos. Pero votei.