É un feito cientificamente demostrado que os exames se reproducen sobre as mesas dos docentes en determinadas circustancias.
No meu caso non as hai mellores: coa repentina suba das temperaturas, co sol que os agarima unha vez que a néboa levanta pola mañá, coa sensación de que está todo o peixe vendido e as vacacións xa se tocan coa punta dos dedos, o monte de exames non só non desce senón que inexplicablemente aumenta, coma as tentacións e os malos pensamentos e os desexos impuros.
Renego de min, que nunca aprenderei a poñer exames curtos e rápidos de corrixir, sota, cabalo, rei, e vía. Paso o boli, vermello, sobre os folios como un arado por un campo en barbeito e fantaseo con aquela lenda dos profesores que guindan cos exames a un corredor e dan a nota máis alta ao que máis lonxe chega; podería dicir que os perdín, que mos roubaron do coche cos cedés de Ana Kiro e uns klínex, que alguén mos levou da barra do bar cando almorzaba, que fixen limpeza e os tirei por despiste; podería poñerme enfermo, sufrir un accidente, unha apoplexía, unha insolación, a gripe... para que os corrixa outro.
Prometo que me flaxelarei despois como castigo, pero polo de agora só podo coller outra vez o boli e seguir arando neste ermo.
5 comentarios:
A experiência e modo como sou tratado como professor, determinou que comecei a pensar nas correcções... Muita liberdade de resolução para os alunos, corresponde a um monte de trabalho para o professor....
Tamén corrixindo exames pode botarse unha risas, non ?.
Ánimo, Kaplan, que iso faise nun pispás e de aquí a nada está vostede a corrixir os do próximo ano e un pouco máis, e xubilado, ríndose dos tempos aqueles en que sufría tanto corrixindo exames. (`_^)
Aprobado xeral directamente, mire que ten vostede ganas de se complicar sempre.
E non se me chore tanto que un pequeno atracón ben vale despois tanta vacación xunta :D
Yo fui profa en mi anterior vida y llegué a la conclusión de que los exámenes dan trabajo antes (al prepararlos) o después (al corregirlos) de hacerlos. Me quedé con la primera opción. Besos y que no sea nada.
Publicar un comentario