martes, 16 de xuño de 2009

Gastos

Hoxe, patrioticamente, inxectei liquidez na economía do país; xa anunciei que era cuestión de tempo meterlle o dente á devolución do IRPF, así que ao serán voltei para o tobo cun billete de avión, un mp3 bastante molón, unha tarxeta de memoria para a cámara, un par de camisas de verán, unha caixa de paracetamol 1 gramo, e un sorriso de les a les que non deron apagado os dous quilos de exames que aínda fermentan sobre a mesa.
Ademais, aprendín unha cousa: se cargo na tarxeta por riba dos 600 eurazos, a miña conta emite un S.O.S. inmediato en forma de mensaxe de móbil.
Isto, en case dous anos, é a primeira vez que sucede.

3 comentarios:

mariajesusparadela dixo...

Noraboa, poder gastar 600 euros dunha vez, non é cousa de todolos meses...

Anonymous dixo...

Un billete de avión!
Alégrome por vostede, venlle ben perde Ithaca de vista.

Sun Iou Miou dixo...

Ía dicir que lle soe esa melodía por moitos anos, pero pudendo, que sexa por riba dos 1000... A rebaixar hai tempo, din nas Carrouchas.

E ánimo con esa dura proba á que está sometido. Póñalle música no flamante mp3.