luns, 22 de xuño de 2009

Nove anos




Unha noite coma esta de hai exactamente nove anos, un bichiño diminuto que tiña tanta présa por coñecer o mundo que se presentou un mes antes do previsto, con pouco peso e sen forzas nin para chorar, situouse exactamente no centro da miña vida.
Desde aquela xiro á volta da súa luz, orbito concentricamente na súa risa, gravito na súa alegría, e até me eclipso cando se enferma ou está triste, coma un satélite venturoso e ufano.
E cada ano pido para ela o mesmo desexo: que viva moitos anos moi felices.

5 comentarios:

Ra dixo...

Qué lindo.

Que pase dias buenos, muchos.

Anonymous dixo...

Moitísimos parabéns para a señorita Kaplan que ultimamente nos ten moi abandonados.
X

paideleo dixo...

Hai que ver como estes seres diminutos acaban gobernándonos.
Parabéns para a señorita Kaplan !.

Tongzhi dixo...

Muitos parabéns para os dois.
Abraço

bueno dixo...

o tempo voa, especialmente quando se tem filhos. Um abraco