Hoxe soubemos que Michael Jackson, o negro que tiña a cara branca, morreu na súa mansión en circunstancias aínda pouco claras; os xornais, as televisións, as radios, os blogues e até os meus colegas do instituto, informaban esta mañá amplamente do deceso.
Moito máis discretamente, case con desgana, só algún xornal informaba ademais da morte de Farrath Fawcett-Major, o máis loiro, infatigable e deslumbrante anxo de que dispuxo Charlie, e tamén o único que, nun poster de Lecturas ou de Semana, desde unha das catro esquiniñas da miña cama (des)velaba a miña puberdade e gardaba a miña alma (ou ma condenaba, segundo como se mire).
Os ídolos caen, antes ou despois, engulidos polo tempo: se nos conmovemos coa súa desaparición é porque con eles se vai tamén unha parte de nós mesmos; talvez con eles morremos nós tamén un pouco.
Descansen en paz. Os dous.
4 comentarios:
Qué guapa Farrah.
Toda la razón, pequeñas partes de nosotros (independientemente de que los idolatráramos o no).
Saludo, Mr.
É como se estivéssemos um pouco mais orfos, idolatráramos ou nom, como diz Ra.
Pois vaia, señor kaplan, auséntome de internet uns días e vostede fai tres entradas:
Alégrome do cumpleanos da señorita Kaplan ( e que cumpla moitos máis tan felices como os da infancia). Que a Virxe de Lourdes lle conceda unha camiseta como aquelas e que lle sirva.
Eu sinto moito máis que morrera, con menos rebumbio, o señor Ferrer, un home coherente e bo.
Concordo contigo (como sempre). Bom fim de semana
Publicar un comentario