mércores, 30 de setembro de 2009

Dama

A habitación máis húmida do tobo, o acuario, está xa lista e á espera dos inquilinos.
Para ambientar aquel fondo non atopei nada que fose bonito, barato e adecuado: os barcos de xoguete flotan, e as cousas para acuarios que venden nas tendas son case máis caras que as de verdade.
Ao final, cando xa pensaba convencer a señorita Kaplan de que bastaba coas algas de plástico, que así os peixes terían máis espazo para nadar, a casualidade púxome ao alcance da man unha Dama-de-Elx-pisapapeis, absurda e pesada, pura marmolina 100% que meus pais me trouxeron do imserso e eu tiña agachada desde aquela, como se agachan os tesouros máis valiosos.
Agora tamén ela agarda, reciclada, entre seixos pequenos e algas de plástico o que van dicir meus pais cando a vexan alí dentro, escorada e submersa, igual que o testemuño dun antigo naufraxio.

4 comentarios:

mariajesusparadela dixo...

Tamén son ganas de amolar ós peixes.¿ sabe vostede canto tempo terán que mirala tentando descubrir o enigma da súa cara? Mellor que traia peixes de Mediterráneo, que estarán máis afeitos.

Anonymous dixo...

:D

Sun Iou Miou dixo...

Seus pais, señor Kaplan, pensarán: "Nós pensando que a botara ao lixo e mira, tíñaa gardada para a filla. Que riquiño!"

paideleo dixo...

Pois si que semella un vestixio dun naufraxio.
Tiveches unha boa idea reciclando ese souvenir !.