Matemático: cada vez que teño que corrixir exames até os labores tradicionalmente máis odiados se me tornan actividades produtivas e moi agradables. Se onte foi limpar os cristais de toda a casa, hoxe foi pasar o ferro á roupa e mesmo a un pixama da señorita Kaplan que requiriu minuciosidade de ourive, desacostumado como estou a aviar esta roupa diminuta .
Caída a folla do calendario e co mes-luns aquí instalado a corpo de rei, na mesa de traballo os exames xa fermentan, as avaliacións agardan, retornan os amigos, teño que comprar agasallos de boda, señor como odio a secadora, non dou localizado os amigos, irei sen gravata á boda pero necesito unha camisa nova, non puxemos libro en bacharelato, sigo sen ter claro o do acuario, e o agasallo do neno, cómpre podar o bonsai, mañá han de estar as notas, quen me dera a min estar en Xullo.
8 comentarios:
Me pido octubre.
Ánimo.
hola!
pasaba a invitarte a mi caja..
un abrazo!
Libro, para que?
Pois eu estou entusiasmada con esta estrea de outono, cincento o ceo que me canxa mellor co espírito e curiosamente me sosega.
Anímese, que hai reencontros que pagan a pena.
Os homes fan as cousas ben difíciles ¿qué necesidade ten de pasar o ferro dese xeito? claro que seguro que a sensación paga a pena...
Até passar a ferro!!!
Xiiii como eu detesto passar a ferro!!!
:DD
Eu estou coa Sun, depois do Agosto que tivem, este Setembro começou como um bálsamo (só o começo, que depois hai baile outra vez, pero bueno...).
Publicar un comentario