xoves, 17 de setembro de 2009

Léxico

vodismo, s.m. (neol.) 1. Dise da celebración na mesma cerimonia do casamento de dúas persoas e, inmediatamente despois, do bautismo do fillo ou fillos de ambos. 2. Banquete que segue a esta celebración. 3. Conxunto de ritos e costumes que precede e integra a celebración, entre eles a escolla e compra de agasallos, a renovación do vestiario dos invitados, as despedidas de solteiros e outros gastos accesorios. [Pode tamén escribirse con b]

5 comentarios:

mariajesusparadela dixo...

Entón ¿qué, anda niso? pois noraboa.

Sun Iou Miou dixo...

Se fose aquí, chamaríanlle voticeiro (voda-bauticeiro). Non me diga que non é moito máis eufónico? En realidade, úsase máis casamento ca voda, pero non lle dá tanto xogo ao composto.
En fin, xa que os protagonistas celebran un un por dous, espero que vostede corresponda cun agasallo para os tres. Hehehe!

Moito lle gustan á xente estes ritos católicos...

Tongzhi dixo...

O que uma pessoa aprende neste blog!!
Vou investigar se em português há uma palavra para o que apontas!!!!
Abraço

Anonymous dixo...

Daquela non vai haber crónica?

Ra dixo...

Qué miedo :)