sábado, 26 de setembro de 2009

Natureza morta

Desculparán os que nesta última semana se achegaron a Ithaca e comprobaron, día tras día, que o blogue se convertera nunha natureza morta.
Como ben supuxeron, o comezo das aulas e o tsunami de papeis que cada ano o acompaña tiveron a maior parte de culpa: sempre que quixen entrar e contar algo había máis papeis, máis cambios na programación, máis asuntos descolgados, e cando non, o que había era esa lexendaria preguiza que, como negalo, aumenta en progresión directamente proporcional aos meus anos.
Evidentemente, non estiven enclaustrado, convertido tamén eu nunha natureza morta todo o tempo, e no camiño entre o instituto e o tobo houbo meandros e desvíos, e aínda que quixen contar e non contei, volvín indemne do casamento de Vapin, andei lerchando como é costume polas vidas de amigos e parentes (principalmente a de Polis, que abandonado xa pola vella señora que lle limpaba a casa, vive agora á beira da salubridade), dei baixado os Soprano ao completo, estou por terminar un libro altamente recomendable, asomeime a un episodio escuro do meu pasado ao recoñecer a nova profesora de lingua española, e até tomei dúas ou tres decisións de interese para os próximos meses.

5 comentarios:

Tongzhi dixo...

Há alturas assim. Por cá também tem sido um corre, corre!!!
Estou em pinturas cá em casa. Todos os bocadinhos têm sido aproveitados para avançar.
Abraço

mariajesusparadela dixo...

Señor Kapla, dous puntos
Quixera saber máis sobre ese caso aberto que lle plantexa a nova compañeira, para que, de unha vez e para sempre, deixe de ser escuro.
É vostede moi mala xente...: a ver ¿ qué necesidade tiña de me deixar tan intrigada?
Como non volva sobre o tema, voulle turrar das orellas (pero con moito respeto, non vaia pensar que son unha agresora)
¿Sabe? Se se despista moito, acábanseme os figos. Teño una solución: se non quere vir comelos a Paradela, mándeme un correo, porque teño unha sobriña que traballa na cidade da muralla (Avila) e pódollos mandar unha fin de semana calquera..

Ra dixo...

Le ha rentado la maleza (o la bueneza, léase en el mejor de los sentidos) :)

Sun Iou Miou dixo...

Ui, estou coa señoramariajesusparadela: ese punto é apetitoso. Non me diga que asasinou a súa antiga profesora de lingua española e agora regresou en plan fantasma para acosalo na sala de profesores?

Anonymous dixo...

Que, dosificando a información para cos seus fidelísimos lectores?
Uis, uis, uis... que malévolo!
Como xa ten quen lle tire das orellas, só lle baixarei 1 punto na nota final, pero claro, sempre o pode recuperar presentando un post sobre o caso que nos ocupa, un deses posts que vostede sabe facer tan ben. Saúdos.
X